A III Feira de Emprego do Concello de Boiro conecta talento e empresas
O Concello de Boiro celebrou este xoves a III Feira de Emprego do Barbanza no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento, unha xornada para impulsar o talento e a economía local. “Esta feira xa consolidada, é un polo de emprego e emprendemento no que participan empresas e demandantes de emprego e da que cada ano salen novas contratacións”, afirmou o a alcalde, José Ramón Romero, durante o acto de apertura da xornada logo dun monólogo humorístico de Arantxa Treus. […]