Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Boiro celebrou este xoves a III Feira de Emprego do Barbanza no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento, unha xornada para impulsar o talento e a economía local.
“Esta feira xa consolidada, é un polo de emprego e emprendemento no que participan empresas e demandantes de emprego e da que cada ano salen novas contratacións”, afirmou o a alcalde, José Ramón Romero, durante o acto de apertura da xornada logo dun monólogo humorístico de Arantxa Treus.
Durante a xornada desenvolveronse simultaneamente foros para empresas, charlas de interese relacionadas co emprego; ademais de orientacións laborais express, simulador de carretilla elevadora, servizo de maquillaxe e fotocurriculum.
O primeiro dos foros, que estivo moderado por Juancho Armental, do grupo Arestora, foi sobre benestar laboral, absentismmo e inspección de traballo e nel participaron María Teresa Pedrosa, inspectora de traballo da Coruña; María Quintana Pérez, directora xeral de Promoción da Igualdade; e Juan Carlos Rama, director de Recursos Humanos da Corporación Empresarial Congalsa.
A segunda das mesas redondas trataronse temas como as opcións de formación regrada e non regrada, saídas universitarias ou traballo na administración pública. Estivo moderada por María Mercedes Argibay, xefa do departamento FOL do IES Leiladoura, e contou coa participación de Silvia Doce, directora de becas FEUGA; María Mariño, técnica de Recursos Humanos do Concello de Boiro; e Zeltia Lado, directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.
A terceira das mesas, moderada por Paola González Garzón, comunicadora social e xornalisa, tratou sobre a importancia do branding á hora diferenciarese, xerar confianza, fidelizar clientes ou atraer talento. Nesta mesa participaron Víctor Oujo, Vimanstyle asesor de imaxe; Antón Freire, Kracia Cooperativa de Márketing; e Miguel Ángel Souto, docente da área de marketing de Galicia Bussines School.
A ultima das mesas foi un foro coa Asociación Boirense de Empresas e tivo como obxectivo achegar aos asistentes exemplos reais de empendemento. Estivo moderada por Tomás Estévez, xerente da Asociación Boirense de Empresas, e contou coa participación de Diana Torrado, Family Banker en Banco Medolanum; Lola García Sánchez, seguros García Sánchez; Daniel García, de Baldani Concept Store; e Rosa Tubío, a libraría de Rosa (Nobel Boiro).
O alcalde resaltou o dinamismo de Boiro a nivel empresarial ao ser o concello que está á cabeza da comarca en creación de sociedades e tamén en creación de emprego: “Por parte do Concello de Boiro imos seguir traballando en propostas para o emprego e iniciativas coma esta para que Boiro sexa futuro, un lugar con oportunidades no que poder vivir e traballar. Un lugar no que as empresas se queiran establecer e poidan medrar”.
As mesas redondas están dispoñibles para a súa visualización na canle de YouTube do Concello de Boiro. O Concello de Boiro celebrou este xoves a III Feira de Emprego do Barbanza no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento, unha xornada para impulsar o talento e a economía local.
“Esta feira xa consolidada, é un polo de emprego e emprendemento no que participan empresas e demandantes de emprego e da que cada ano salen novas contratacións”, afirmou o a alcalde, José Ramón Romero, durante o acto de apertura da xornada logo dun monólogo humorístico de Arantxa Treus.
Durante a xornada desenvolveronse simultaneamente foros para empresas, charlas de interese relacionadas co emprego; ademais de orientacións laborais express, simulador de carretilla elevadora, servizo de maquillaxe e fotocurriculum.
O primeiro dos foros, que estivo moderado por Juancho Armental, do grupo Arestora, foi sobre benestar laboral, absentismmo e inspección de traballo e nel participaron María Teresa Pedrosa, inspectora de traballo da Coruña; María Quintana Pérez, directora xeral de Promoción da Igualdade; e Juan Carlos Rama, director de Recursos Humanos da Corporación Empresarial Congalsa.
A segunda das mesas redondas trataronse temas como as opcións de formación regrada e non regrada, saídas universitarias ou traballo na administración pública. Estivo moderada por María Mercedes Argibay, xefa do departamento FOL do IES Leiladoura, e contou coa participación de Silvia Doce, directora de becas FEUGA; María Mariño, técnica de Recursos Humanos do Concello de Boiro; e Zeltia Lado, directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.
A terceira das mesas, moderada por Paola González Garzón, comunicadora social e xornalisa, tratou sobre a importancia do branding á hora diferenciarese, xerar confianza, fidelizar clientes ou atraer talento. Nesta mesa participaron Víctor Oujo, Vimanstyle asesor de imaxe; Antón Freire, Kracia Cooperativa de Márketing; e Miguel Ángel Souto, docente da área de marketing de Galicia Bussines School.
A ultima das mesas foi un foro coa Asociación Boirense de Empresas e tivo como obxectivo achegar aos asistentes exemplos reais de empendemento. Estivo moderada por Tomás Estévez, xerente da Asociación Boirense de Empresas, e contou coa participación de Diana Torrado, Family Banker en Banco Medolanum; Lola García Sánchez, seguros García Sánchez; Daniel García, de Baldani Concept Store; e Rosa Tubío, a libraría de Rosa (Nobel Boiro).
O alcalde resaltou o dinamismo de Boiro a nivel empresarial ao ser o concello que está á cabeza da comarca en creación de sociedades e tamén en creación de emprego: “Por parte do Concello de Boiro imos seguir traballando en propostas para o emprego e iniciativas coma esta para que Boiro sexa futuro, un lugar con oportunidades no que poder vivir e traballar. Un lugar no que as empresas se queiran establecer e poidan medrar”.
As mesas redondas están dispoñibles para a súa visualización na canle de YouTube do Concello de Boiro.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)