AD

frades

37 Resultados / Página 1 de 5

Fondo
AD

Comarca

Frades celebra a nova senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo tras 15 anos de espera

As obras de mellora da seguridade viaria na DP-3802, do PK 14,445 ao 16,825, contan cun orzamento de máis de medio millón de euros 26 de marzo de 2026.- O alcalde en funcións de Frades, Manuel Ferreiro Marzoa, celebra a aprobación definitiva do proxecto da obra de construción da senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo por parte da Deputación da Coruña, “que semella que mañá venres verá por fin a luz despois de quince anos de espera”. Unha aprobación […]

today26 marzo, 2026

Comarca

A XII Festa da Filloa de Abellá repartiu máis de 400 menús de filloas, caldo, rixóns e lacón

23 de marzo de 2026.- A XII Festa da Filloa de Abellá (Frades) foi todo un éxito de participación, onde centos de persoas pasaron ao longo do sábado polo pavillón municipal de Abellá para degustaren un menú de 15 euros composto por filloas e cunca de caldo (que quedaba de agasallo conmemorativo), acompañado por rixóns, lacón e café. Unha edición que rexistrou un significativo incremento no número de persoas participantes e que quedou reflectido no número de menús vendidos: máis […]

today23 marzo, 2026

Comarca

A parroquia de Abellá, en Frades, celebra este sábado a XII Festa da Filloa

19 de marzo de 2026.- A asociación de veciños Os Labregos de Abellá, en colaboración co Concello de Frades, organiza a duodécima edición da Festa da Filloa, que terá lugar este sábado 21 de marzo no pavillón municipal de Abellá. Unha celebración que arrincará ás 13:30 horas coa tradicional degustación de filloas e un menú composto por caldo galego, filloas, lacón, rixóns e café. O prezo será o mesmo do ano pasado: 15 euros. A música correrá a cargo do […]

today19 marzo, 2026

Actualidad

Frades alerta sobre cartas falsas da seguridade social que buscan roubar datos bancarios

Afectan á veciñanza do concello de Frades. A estafa chega por correo postal suplantando á Tesourería Xeral. Frades, 15 de outubro de 2023. - O Concello de Frades alerta formalmente á veciñanza sobre unha nova e perigosa estafa que está a circular polas caixas de correo do municipio. Trátase de cartas falsas que suplantan a identidade da Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS), co claro obxectivo de roubar datos persoais, fotocopias do DNI e extractos bancarios das vítimas. Segundo a información difundida pola administración […]

today15 enero, 2026

Comarca

Frades celebra unha primeira Festa Pre Fin de Ano

29 de decembro de 2025.- Algo máis de trinta veciños e veciñas participaron na primeira Festa Pre Fin de Ano organizada polo Concello de Frades. O centro sociocomunitario de Ponte Carreira acolleu na tarde de onte domingo unha das súas tradicionais “Tardes de Baile” con música en directo e que foi aproveitada para realizar unha Festa Prebadaladas. A festa comezou ás 19:00 horas cunha sesión de baile coa música en directo do “Trío Reynamar”, que deu paso a unha chocolatada […]

today29 diciembre, 2025

Comarca

O Concello de Frades reduce a cero a súa débeda bancaria

O Pleno aproba por unanimidade investir 107.000€ no aglomerado do acceso á Igrexa de Aiazo e dende o cruce de O Prado (Papucín) á AC-524 28 de outubro de 2025.- O Concello de Frades celebrou onte luns unha sesión plenaria extraordinaria na que aprobou un suplemento de crédito de 63.000 euros para amortizar a débeda bancaria que tiña o municipio debido á execución das obras de construción do centro sociocomunitario de Ponte Carreira. “Con esta amortización, o Concello de Frades […]

today28 octubre, 2025

Comarca

Obras de mellora de estradas e accesos a aldeas de Frades por máis de 200.000€

As máquinas traballan na mellora da seguridade viaria en Añá, no arranxo de dúas pistas en Castiñeiro Redondo (Moar) e O Campo-Vilarxoán (Vitre) e no acondicionamento dos accesos a Outeiro (Papucín) e San Martiño (Frades) 18 de setembro de 2025.- O Concello de Frades está executando nestes días cinco proxectos de obra nas parroquias de Añá, Frades, Moar, Papucín e Vitre que supoñen un investimento de 212.615 euros. Unhas actuacións que combinan a mellora de estradas locais coa construción dunha […]

today18 septiembre, 2025

Comarca

Frades licitará obras de mellora de estradas e de accesos a aldeas por máis de 435.000 €

Os traballos inclúen a mellora dos accesos e da zona de aparcamento do CPI Ponte Carreira 29 de agosto de 2025.- O Concello de Frades vai sacar a licitación nos meses de agosto e setembro obras de mellora de estradas e de accesos a aldeas por un importe de 437.806 euros. Unhas cifras que, unidas aos máis de 200.000 euros licitados o pasado mes de xullo e os 370.000 euros executados no primeiro semestre do ano, “suman algo máis dun […]

today29 agosto, 2025

Comarca

Máis de 270 persoas participan na clausura das Escolas Deportivas Municipais de Frades

17 de xuño de 2025.- Máis de 270 nenos, nenas e persoas adultas participaron nas exhibicións da festa de clausura das Escolas Deportivas Municipais de Frades 2024/2025, un acto que tivo lugar este sábado no polideportivo municipal de Ponte Carreira. Unhas demostracións que remataron coa tradicional entrega de diplomas por parte do alcalde, Roberto Rey, e do concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos, que coincidiron en salientar a gran participación rexistrada este ano, toda vez que case se duplicaron os […]

today17 junio, 2025

AD