AD

Comarca

Frades prohibe o uso da auga municipal para encher piscinas e regar xardíns

today29 junio, 2026

Fondo
share close
AD
  • As medidas preventivas buscan manter o subministro para uso domiciliario e das explotacións gandeiras

29 de xuño de 2026.- O Concello de Frades vén de aplicar o Artigo 14J da súa Ordenanza Municipal de Abastecemento de auga para prohibir a utilización da auga municipal para encher piscinas, regar cultivos e xardíns, e outros usos similares. Unha medida tomada polo Concello para previr problemas de subministro de auga con motivo da chegada do verán e da vaga de calor.

Dende o Concello de Frades agradecen a colaboración de todos os veciños e veciñas do municipio con estas medidas, coas que se busca manter a calidade do subministro para uso domiciliario e para as explotacións gandeiras. De feito, no caso das granxas, a propia ordenanza municipal recolle que só está permitido o uso da auga para o consumo dos animais e a limpeza dos equipos de ordeño e enfriado do leito.

O alcalde, Roberto Rey, recorda que “a auga é un recurso escaso, de todos e para todos, polo que apelamos á responsabilidade de todos os veciños e veciñas na necesidade dun aforro e dun consumo responsable da auga da rede de abastecemento”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *