AD

galego

32 Resultados / Página 1 de 4

Fondo
AD

Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

  A segunda tempada do proxecto educativo e multimedia impulsado por Radio Líder e a Secretaría Xeral da Lingua remata este mércores cun acto que reunirá alumnado de toda Galicia na Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026.- Máis de 500 alumnas e alumnos de oito centros educativos galegos participarán este mércores, 27 de maio, na gala de clausura da segunda edición de Fala que Fala, o proxecto educativo e multimedia promovido por Radio […]

today25 mayo, 2026

Destacado

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada

A oitava e última edición da tempada de “Fala que Fala”, o formato radiofónico de Radio Líder que se ten consolidado como unha referencia entre a mocidade, chega a Santiago de Compostela este martes 5 de maio. O programa emitirase en directo desde o CPR San Xosé de Cluny, entre as 10:00 e as 12:00 horas, nunha edición especial cargada de música, humor, entrevistas e xogos, cun papel protagonista para o alumnado do centro. A iniciativa, desenvolvida en colaboración coa […]

today4 mayo, 2026

Destacado

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”

O titular de Cultura, Lingua e Xuventude destaca a eclosión creativa da mocidade, aposta pola descentralización cultural e defende o diálogo institucional en proxectos clave como a Ribeira Sacra ou o patrimonio compostelán O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos, asegurou durante a súa primeira visita aos estudos de Radio Líder Santiago que Galicia vive “un momento extraordinario no ámbito cultural”, marcado por unha forte irrupción de novos creadores e pola consolidación dunha […]

today27 abril, 2026

Actualidad

43 anos despois, Astarot segue berrando: «Moléstanos que nos vexan como algo do pasado»

Astarot mira ao futuro sen renunciar á súa esencia: “Somos galegos, somos rock, somos verdade” https://www.youtube.com/watch?v=Ptpr54ahBcs&list=RDPtpr54ahBcs&start_radio=1 A banda Astarot continúa a escribir a súa historia con paso firme tras máis de catro décadas enriba dos escenarios. Na entrevista mantida en Radio Líder Santiago con Juan Antepazo (voz) e José Manuel Piedra (batería), o grupo reivindica non só a súa traxectoria, senón tamén unha filosofía que segue viva: a liberdade creativa, a identidade galega e a capacidade de reinventarse. “Son 43 […]

today8 abril, 2026

Educación

Fala que Fala visita o IES Castelao de Vigo

Tras pasar polo IES Luis Seoane de Pontevedra, o CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea, o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos e o IES Cacheiras en Teo, Radio Líder emite este mércores 11 de marzo a quinta edición do formato Fala que Fala desde o IES Castelao, en Vigo. O programa, realizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, desenvolverase entre as 10:00 e as 12:00 horas nunha edición especial cargada de música, humor, […]

today10 marzo, 2026 5

Actualidad

O galego gaña espazo nas apps: «Waze ou Tinder xa empregan a nosa lingua»

Valentín García defende a presenza da lingua galega en todos os ámbitos, desde a intelixencia artificial ata a vida cotiá, e aposta polo consenso político para reforzar a súa promoción A presenza do galego na tecnoloxía, o impulso á súa normalización social e a importancia de chegar ás novas xeracións centraron boa parte da conversa mantida co secretario xeral da Lingua, Valentín García, nunha entrevista radiofónica na que debullou os retos e oportunidades actuais do idioma. O responsable autonómico subliñou […]

today6 marzo, 2026

Actualidad

Acisclo Manzano, escultor: “Houbo tempos nos que non se podía falar galego, pero seguía estando dentro de nós»

Acisclo Manzano repasa en Radio Líder unha traxectoria vital e artística marcada pola coherencia, o amor á terra e a creación sen concesións O escultor Acisclo Manzano foi o protagonista dunha entrevista tan didáctica como emotiva no programa Fala que Fala de Radio Líder, realizada polos alumnos e alumnas do CPI Virxe da Saleta en Cea, Ourense. Un encontro interxeracional no que o creador, con 86 anos e máis de sete décadas vencelladas á escultura, compartiu reflexións profundas sobre a […]

today29 enero, 2026

Comarca

A estrea do documental “Promover o galego dende o local” destaca os proxectos de Ames a favor do galego

O documental “Promover o galego dende o local” puido visualizarse por primeira vez ao público xeral este luns, 17 de novembro, no auditorio do Milladoiro. A peza, financiada polo Concello de Ames e producida por Nós Televisión,  pon en valor as iniciativas que se levan desenvolvendo estes últimos anos en Ames para impulsar e promover o uso do galego en amplos ámbitos Tanto o alcalde de Ames, Blas García, como o secretario xeral da Lingua, Valentín García, coincidiron na importancia […]

today18 noviembre, 2025

AD