O programa ‘Goza do Ulla’ chega a Arzúa co roteiro da Fervenza das Hortas
Un ano máis chega este programa no que 20 concellos propoñen as súas rutas de sendeirismo arredor do Río Ulla, e nesta ocasión o Concello de Arzúa, a través da Concellería de Turismo, ten o pracer de organizar unha ruta á fermosa Fervenza das Hortas. O sábado, 28 de setembro, poderás participar nesta ruta de sendeirismo que permitirá descubrir un dos paraxes naturais máis fermosos da zona centro de Galicia. Begoña Balado, concelleira de Turismo e acción Urbana, destaca que […]