AD

Actualidad

Fala que Fala chega este xoves ao CPI Dr. López Suárez de Friol

today14 abril, 2026

Fondo
share close
AD

Friol acolle este xoves 16 de abril unha nova parada de “Fala que Fala”, o formato de Radio Líder que xa se consolidou como unha referencia na promoción do galego entre a mocidade. Tras o seu paso polo IES Luis Seoane de Pontevedra, o CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea, o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos, o IES Cacheiras de Teo, o IES Castelao de Vigo e o IES O Ribeiro, en Ribavadia, o programa chega agora ao CPI Dr. López Suáres de Friol (Lugo) para celebrar a sétima e penúltima edición da tempada.

O espazo, realizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, emitirase entre as 10:00 e as 12:00 horas nunha edición especial chea de música, humor, entrevistas, xogos e unha destacada participación do alumnado. Durante dúas horas, o centro educativo converterase nun punto de encontro arredor da lingua galega, cunha proposta dinámica e participativa pensada para gozar, compartir e poñer en valor o noso idioma.

Nesta ocasión, o convidado será Rafa Casanova (Friol, 1982), un histórico do fútbol galego que colgou as botas hai tres anos despois de 32 anos en distintos equipos da nosa comunidade. Tamén foi o presidente e adestrador do Friol Club de Fútbol. O deportista protagonizará unha das entrevistas do programa, realizada por parte do alumnado do centro.

Con esta nova cita, “Fala que Fala” continúa o seu percorrido por distintos puntos de Galicia, reforzando o seu papel como proxecto de referencia na difusión, promoción e prestixio do galego entre as novas xeracións.

O evento conta coa colaboración de Seguridade A1, Daveiga e Dezasete Media.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *