AD

maiores

16 Resultados / Página 1 de 2

Fondo
AD

Destacado

Santiago ten 24.000 persoas maiores de 65 anos, das que case 4.800 viven soas

A problemática da soidade non desexada e as ferramentas para atallala centraron hoxe a “Xornada sobre boas prácticas e iniciativas para maiores en Compostela”, organizada pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais. Ducias de persoas déronse cita no centro sociocultural Maruxa e Coralia para participar no encontro, “unha proposta que naceu do Consello Municipal de Persoas Maiores”. A concelleira María Rozas sinalou que “o interese que espertou esta xornada demostra que as persoas maiores queren participar na vida pública e […]

today18 noviembre, 2024

Comarca

Aberto o prazo de matrícula na escola de maiores do Milladoiro

As clases comezarán no vindeiro 22 de outubro e rematarán a finais de xuño. Impartiranse os mércores de 17:00 a 18:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro A Escola integral de maiores é un espazo para aprender, divertirse e compartir no que se ofrecen clases para todas aquelas persoas de Ames que non tiveron oportunidade de continuar a súa educación básica. A concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Uxía García, destaca que “a escola de maiores non é só […]

today8 octubre, 2024

Comarca

A Guadalupe reúne aos maiores de Rianxo no tradicional Xantar de Confraternidade

Máis de 200 veciñas e veciños participaron hoxe mércores no tradicional Xantar de Confraternidade, unha homenaxe ás persoas maiores, que se celebra no marco das Festas da Guadalupe en Rianxo. O evento, celebrado con gran éxito, é unha das citas máis esperadas dentro da programación das festividades, que este ano teñen lugar do 13 ao 20 de setembro. Aínda quedan moitas actividades por gozar nestes días. Esta tarde destaca a Feira do Circo no parque da Martela a partir das […]

today18 septiembre, 2024

Actualidad

Recta final para a apertura da residencia do Milladoiro

O alcalde, Blas García, visitou xunto a concelleira de Benestar Social, Uxía García, o concelleiro de Obras, Gustavo Nieto e o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández a obra da nova residencia do Milladoiro Inaugurarase nos próximos meses e terá unha capacidade de 59 prazas Ames, 9 de agosto de 2024.- O alcalde de Ames, Blas García, visitou xunto á concelleira de Benestar Social, Uxía García, o concelleiro de Obras, Gustavo Nieto, e o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, a obra […]

today10 agosto, 2024

Actualidad

Os maiores de Lousame aprenderán a usar os caixeiros de forma fácil e segura

7 xuño de 2024.- O Concello de Lousame e Abanca organizan unha sesión formativa dirixida a que persoas maiores do municipio aprendan a utilizar os caixeiros da entidade dunha forma fácil e segura. Unha actividade que terá lugar o vindeiro martes 18 de xuño, ás 11:00 horas, na casa consistorial en Portobravo, onde Abanca instalou un caixeiro en marzo de 2022. Unha formadora de Abanca explicaralles aos maiores de Lousame como funciona o caixeiro e cales son as operacións máis […]

today7 junio, 2024

Actualidad

Gran participación no encontro de maiores de Boqueixón

Boqueixón, 7 de maio de 2024.- 370 veciños e veciñas tomaron parte na edición número trinta e un do Encontro de Maiores de Boqueixón, celebrada este sábado 4 de maio no pavillón polideportivo municipal do Forte. Unha xornada de lecer e confraternidade para as persoas maiores do municipio. O encontro arrincou cunha misa no salón de actos do CPIP Antonio Orza Couto, que deu paso ao xantar no polideportivo do Forte. Como xa é tradición, o Concello de Boqueixón homenaxeou […]

today7 mayo, 2024

Actualidad

Vinte maiores de Boqueixón desfrutan dun circuíto termal no Hotel Balneario Compostela

      Boqueixón, 23 de abril de 2024.- Vinte veciños e veciñas de Boqueixón, todos eles maiores de 60 anos, participaron na segunda das tres saídas ao Hotel Balneario Compostela organizadas polo Concello de Boqueixón. Unhas saídas que inclúen a participación nun circuíto termal de dúas horas de duración nas instalacións do balneario brionés, “onde os maiores gozan dos beneficios físicos e psíquicos da hidroterapia nunha contorna de relaxación e natureza”, explicou a concelleira de Servizos Sociais, Ángela Conde, […]

today23 abril, 2024

Actualidad

A Policía Local de Santiago imparte un curso sobre seguridade viaria para persoas maiores

      14/03/2024.- O Centro Sociocultural de Fontiñas acolleu esta semana unha charla sobre seguridade viaria impartida por membros da Policía Local e dirixida a persoas maiores de 65 anos. Baixo o título "Maiores máis seguros", a formación completouse cunha ruta práctica polo barrio das Fontiñas co obxectivo de identificar os posibles perigos e os lugares máis seguros por onde camiñar e cruzas as vías durante o percorridos cotiás das persoas participantes. Enmarcada no programa de actividades do Departamento de […]

today14 marzo, 2024

Actualidad

O PSOE busca acelerar a posta en marcha da Casa dos Maiores no Ensanche

      A concelleira Marta Álvarez insta ao goberno local a redactar un regulamento de uso que regule o seu funcionamento “Defendemos que sexa un lugar para promocionar a convivencia e a solidariedade para combater a soidade non desexada” afirma O grupo socialista demanda axilidade na tramitación do centro polivalente de maiores previsto no Ensanche. Unha actuación que se iniciou durante o goberno socialista, conseguindo a cesión do antigo local da Seguridade Social en San Pedro de Mezonzo, co […]

today13 marzo, 2024

AD
0%