Ames dará comezo este xoves á segunda edición do seu ciclo de monólogos
Desde este xoves, día 22, ata o domingo, día 25, as Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán a segunda edición do Ciclo de monólogos do Concello de Ames. Aínda quedan entradas dispoñibles para calquera das sesións, poden adquirirse a través da Billeteira electrónica Esta edición mestura figuras consolidadas do panorama humorístico galego xunto con artistas emerxentes e, ademais, conseguiuse un cartel paritario, no que actuarán o mesmo número de mulleres que de homes, poñendo así en valor […]