Rianxo impulsa a rehabilitación integral do Museo do Mar cun investimento de 250.000 euros
O Concello de Rianxo avanza nas obras de rehabilitación do Museo do Mar, unha actuación incluída no Plan de Sostibilidade Turística Barbanza Arousa e financiada pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O proxecto conta cun orzamento de 250.000 euros e permitirá modernizar e poñer en valor un dos espazos culturais máis emblemáticos do municipio. A intervención contempla unha reforma integral das instalacións, coa renovación da cuberta, das fachadas exteriores […]