Minuto de silencio en Padrón polos gardas civis falecidos o sábado en Barbate
O alcalde de Padrón, Anxo Arca; membros do goberno local; persoal municipal e membros da Garda Civil e do GES gardaron este 12 de febreiro un minuto de silencio diante do Concello de Padrón en memoria dos dous gardas civís falecidos o pasado venres en Barbate (Cádiz), en tarefas de loita contra o narcotráfico. Ao rematar o minuto de silencio, o alcalde trasladoulle as condolencias de toda a veciñanza aos representantes da Garda Civil.