Alberto Rey, nomeado Peregrino de Honra polo Concello de Padrón
O técnico de turismo de Padrón recibiu o premio ‘Padrón, Berce do Xacobeo’ O alcalde, Anxo Arca, di que o premio recoñece “o incansable esforzo e unha vida dedicada a promover, preservar e difundir a nosa vila e as rutas xacobeas” O galardoado asegura que o Camiño de Santiago a Padrón “debe ser declarado pola Xunta itinerario Xacobeo de pleno dereito e oficializado como prolongación xacobea” Padrón. 13-9-2024.- O alcalde Anxo Arca entregoulle a Alberto Castro Rey o premio Padrón, […]