AD

santiago

1046 Resultados / Página 26 de 117

Fondo
AD

Actualidad

Raxoi estima en máis de 16.000 euros o impacto da borrasca Kirk nas árbores da cidade

24/10/2024 O Departamento de Parques e Xardíns avaliou en 16.654 euros o total que debería asumir o Concello de Santiago para a recuperación das máis de 130 unidades arbóreas que sufriron danos como consecuencia do paso da borrasca Kirk. Esta estimación contemplaría unha partida de 12.254 euros para a adquisición de novas árbores e outra de 4.400 euros para os labores de plantación e suxeición. O paso da borrasca Kirk pola cidade o pasado 9 de outubro, con ventos que […]

today24 octubre, 2024

Actualidad

Xa hai data para a XVI edición de Santiago(é)Tapas

24/10/2024 Os locais de hostalaría que queiran participar no concurso poderán inscribirse desde o 4 de novembro a través da páxina web santiagoetapas.gal O concurso Santiago(é)Tapas desenvolverase por segundo ano consecutivo no mes de febreiro, tralo éxito acadado na pasada edición cando se decidiu mudar de data despois de varias edicións tendo lugar en novembro. Así, o certame que organiza Turismo de Santiago, celebrarase do 13 de febreiro ao 2 de marzo de 2025. Os establecementos hostaleiros da cidade teñen […]

today24 octubre, 2024

Actualidad

Verea celebra as vivendas colaborativas anunciadas pola Xunta e que levaba no seu programa

·        Verea remarcou que “estamos contentos de ser útiles dende a oposición, de marcar a axenda e de estar sempre por diante deste goberno decepcionante do BNG. ·        “Traballamos por unha política de vivenda seria que levamos defendendo no Pleno e no noso programa e que se contrapon aos anuncios baleiros dun BNG máis preocupado pola súa axenda radical que polos problemas de toda a veciñanza compostelá”, destacou.  O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, afirmou hoxe que […]

today23 octubre, 2024

Actualidad

Ferido leve o condutor dun patinete tras colidir cun turismo en Santiago

  O accidente entre un turismo e un patinete eléctrico ocorrido onte á noite en Santiago deixou un ferido leve. O incidente produciuse arredor das 22 horas na intersección entre a rúa Mulas e a vía Galileo. A Policía Local personouse no lugar para investigar as causas do sinistro e elaborar o informe correspondente. Ademais, os servizos sanitarios atenderon ao condutor do patinete.

today23 octubre, 2024

Actualidad

Pillado ao volante en Santiago sen carné, sen seguro e baixo os efectos da cocaína

A Policía Local de Santiago denunciou a un condutor que foi sorprendido de madrugada na rúa Galeras, conducindo sen nunca ter obtido o carné, sen seguro obrigatorio e, ademais, dando positivo en cocaína. Os axentes detivérono ás 4:20 horas e agora está a ser investigado por un delito contra a seguridade viaria. Este non foi o único caso da xornada, xa que unha condutora, implicada nun accidente entre tres vehículos que tivo lugar ás 16:40 horas na praza de Galicia, […]

today23 octubre, 2024

Actualidad

O XXII Festival Amal reivindica a resistencia palestina a través do cine e a cultura

  O Festival de Cine Euroárabe Amal, organizado pola Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, celebra ata o 25 de outubro a súa 22ª edición en Santiago de Compostela. Baixo o lema “Existir é resistir”, o festival enfócase este ano na situación en Palestina, reivindicando a loita e a resistencia do pobo palestino a través do cine e da reflexión cultural. David Rodríguez, director da Fundación Araguaney, destacou nunha entrevista en Radio Líder Santiago a importancia de empregar a cultura como ferramenta […]

today22 octubre, 2024

Actualidad

Fillas de Cassandra ofrecerá un concerto exclusivo para a mocidade de Santiago

22/10/2024 Fillas de Cassandra ofrecerá un concerto na Sala Capitol o próximo 7 de novembro, con entrada de balde pero restrinxida á mocidade. Trátase dunha iniciativa vinculada aos Orzamentos Participativos da área de Mocidade, da que hoxe deu conta a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas. Fíxoo acompañada por Sara Faro, unha das integrantes do dúo, un dos referentes no panorama musical actual en Galicia. No proceso de Orzamentos Participativos, no que os mozos e […]

today22 octubre, 2024

Actualidad

Críticas ao BNG por deixar sen combustible a flota municipal: PP e PSOE esixen explicacións

  O Partido Popular e o Partido Socialista de Santiago lanzaron duras críticas contra o goberno local do BNG pola súa suposta falta de xestión eficiente, tras o corte de subministro de combustible que deixou inoperativa durante horas a flota de vehículos municipais, incluíndo os da Policía Local e os Bombeiros. Por un lado, a concelleira do PP, Olaya Otero, denunciou a "completa indefensión" á que están sometidos os veciños e veciñas de Compostela, e criticou ao BNG por non […]

today21 octubre, 2024

Destacado

Fallece a los 55 años María Isabel Rodríguez Calveiro, propietaria del emblemático O Filandón

Fallece a los 55 años María Isabel Rodríguez Calveiro, propietaria del icónico O Filandón de Santiago, causando gran pesar en Santiago de Compostela, especialmente en el comercio del casco histórico. Desde Compostela Monumental, la asociación ha transmitido sus condolencias a la familia, amigos y clientes de Isabel, destacando su importante papel en la vida comercial de la ciudad. A estas muestras de dolor se une la redacción de Radio Líder Santiago, quienes expresan su profundo pesar por la pérdida de […]

today21 octubre, 2024

AD