AD

Actualidad

Unanimidade para que o novo parque comarcal de bombeiros se constrúa no Cruceiro da Coruña

today26 octubre, 2024

Fondo
share close
AD

O alcalde de Ames, Blas García, explica que “na xuntanza de hoxe trasladáronnos os pasos que se están a dar sobre este proxecto. Agora mesmo están revisando flecos do convenio que deben asinar a Xunta, a Deputación e o Concello de Santiago, e expúxose unha data no horizonte de comezos de 2025. Dende logo son boas novas, pero seguimos expectantes para ver se se materializan”

O rexedor amesán engade “confío en que esta data se cumpra, e sabemos que o Concello de Santiago ten vontade de que así sexa, pero os Concellos da comarca tamén estamos desexando que sexa un feito o día no que se nos comece a prestar o servizo de emerxencias e de incendios”

Ames, 25 de outubro de 2024.- O alcalde de Ames, Blas García, asistiu esta mañá á xuntanza de alcaldes e alcaldesas dos Concellos implicados na comarcalización do servizo de bombeiros. Dita xuntanza foi convocada pola alcaldesa de Santiago de Compostela, para explicar os avances neste proxecto. O concelleiro de Mobilidade e Convivencia de Santiago de Compostela, Xan Duro, presentou na reunión o anteproxecto do edificio do novo parque, que se vai situar na avenida do Cruceiro da Coruña e non en Salgueiriños como estaba previsto. Todos os Concellos mostraron o seu apoio a esta localización «que garante unha mellor operatividade para os demais municipios implicados».

O alcalde de Ames, Blas García, explica que “na xuntanza de hoxe trasladáronnos os pasos que se están a dar sobre este proxecto. Agora mesmo están revisando flecos do convenio que deben asinar a Xunta, a Deputación e o Concello de Santiago, e expúxose unha data no horizonte de comezos de 2025. Dende logo son boas novas, pero seguimos expectantes para ver se se materializan. Confío en que esta data se cumpra, e sabemos que o Concello de Santiago ten vontade de que así sexa, pero os Concellos da comarca tamén estamos desexando que sexa un feito o día no que se nos comece a prestar o servizo de emerxencias e de incendios».

Por outra banda, a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, explicou que «todos os alcaldes e alcaldesas recibiron con satisfacción o anteproxecto do parque comarcal na nova localización, que garante mellores tempos de resposta diante de calquera emerxencia nos diferentes municipios». A rexedora compostelá sinalou que despois da reunión «hai unanimidade ao respecto de que a infraestrutura debe estar na avenida do Cruceiro da Coruña e non hai mellores alternativas».

O concelleiro de Mobilidade e Convivencia de Santiago de Compostela explicou que «o Concello de Santiago xa ten un anteproxecto e está preparando a documentación para a licitación da redacción do proxecto unha vez teñamos asinado o convenio para a comarcalización».

Tramitación do convenio

Na reunión desta mañá tamén se abordou a necesidade de tramitar de maneira conxunta o convenio para a comarcalización do servizo e o convenio para a creación da nova infraestrutura.

Goretti Sanmartín explicou «existe un acordo político claro entre Concello, Consorcio Provincial de Bombeiros e Xunta de Galicia, e agora é o persoal técnico das tres administracións o que está avaliando técnica e xuridicamente a proposta de convenio». Sanmartín apuntou que «a vontade das tres administracións e de todos os Concellos implicados, en particular tamén do de Santiago, é que o servizo empece a funcionar canto antes, e o compromiso de todos e todas é axilizar todos os trámites na medida do posible». Na reunión que tivo lugar hoxe no Pazo de Raxoi participaron os alcaldes e alcaldesas de Ames, Blas García; Teo, Lucía Calvo de la Uz; Boqueixón, Ovidio Rodeiro; Val do Dubra, Diego Díaz; Brión, Pablo Lago; O Pino, Manuel Taboada; e Oroso, Alexander Doval. O Concello de Vedra estivo representado polo segundo tenente de alcalde, Enrique Vázquez. Non puido asistir a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%