Arzúa convoca axudas para a celebración de festas parroquiais no municipio
Arzúa, 2 de outubro de 2024. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que o Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras das axudas a entidades sen ánimo de lucro para a celebración das festas parroquiais que ascenden a 16.800 euros. O importe de cada subvención será de 800 euros por anualidade e parroquia. Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello […]