AD

valga

9 Results / Page 1 of 1

Background
AD

Comarca

Un bronce nacional para Valga

O valgués Yeray Blanco López destacou esta fin de semana no IX Campionato de España de Pesca na modalidade de Embarcación Fondeada, celebrado en Palma de Mallorca. O mozo, natural do Montiño (Devesa) e de só 20 anos de idade, competiu na categoría xuvenil representando a Galicia, convocado pola Federación Galega de Pesca e Casting. Yeray Blanco conseguiu a medalla de bronce tras realizar un excelente desempeño ao longo das dúas mangas de competición, cada unha de catro horas de […]

today7 octubre, 2024

Actualidad

María Neira Barreiro, veciña de Valga, cumpre 100 anos

      Bello Maneiro e os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo agasallárona cunha placa conmemorativa e un ramo de rosas É a sexta veciña de Valga que supera o século de vida, todas elas mulleres María Neira Barreiro, veciña de Louro (Setecoros) celebra hoxe un aniversario moi especial, o número 100, motivo polo que esta mañá recibiu a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, para felicitala en nome de todos os valgueses. O rexedor acudiu ao seu […]

today15 abril, 2024

Actualidad

Remiten a ADIF máis de 1.600 sinaturas apoiando a creación dun apeadoiro de tren en Valga

      Axentes sociais, culturais e empresariais do municipio van da man na reivindicación que favorecería a mobilidade sostible A campaña segue en marcha e as follas de firmas poden atoparse tanto no Concello coma no Auditorio O Concello de Valga ten enviado ao Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) un total de 1625 sinaturas apoiando a creación dun apeadoiro de tren que favoreza a mobilidade no municipio, que é atravesado pola liña ferroviaria sen que isto supoñan ningún beneficio […]

today10 enero, 2024

Actualidad

A avalancha de xente durante a fin de semana obriga a ampliar o horario do Belén Artesanal de Valga

A capacidade do Belén Artesanal en Movemento para atraer visitantes a Valga non deixa de sorprender. Se durante a ponte da Constitución foron máis de 10.000 as persoas que se achegaron a Campaña atraídas pola sona do nacemento, a pasada fin de semana non foi menos e, de feito, foi necesario ampliar o horario de apertura para que ninguén quedara sen ver a montaxe. A situación vivida o domingo reflicte á perfección esa avalancha de turistas. Pola mañá chegaron ata […]

today18 diciembre, 2023

Actualidad

Aluvión de visitantes durante a ponte no Belén de Valga: “Só nun día viñeron 5.000 persoas»

Durante a semana pasada contabilizouse a chegada de máis de 10.000 persoas dende lugares coma Andalucía, Castela e León, Asturias e de toda Galicia A tómbola benéfica recadou arredor de 6.000 euros para a fundación que dirixe o médico Ángel Carracedo Valga, 12 de decembro de 2023.- “Foi impresionante, todo un éxito”. Así se refire Mari Carmen Castiñeiras, presidenta da asociación Amigos do Belén, ao aluvión de persoas que recibiu, durante a ponte da semana pasada, o Belén Artesanal en […]

today12 diciembre, 2023

Actualidad

Un perro de raza peligrosa ataca a una mujer con su bebé en Valga

La mujer resultó herida en un brazo, mientras que un miembro de Protección Civil, que también fue atacado, tuvo que ser atendido por una lesión en un dedo. Por fortuna, el bebé no resultó herido. Pasadas las 11:20 horas, un particular llamó al 112 Galicia solicitando asistencia sanitaria para la mujer, a la que acababa de atacar un perro a la altura del kilómetro 90 de la N-550, en Setecoros. Rápidamente, desde el Centro Integrado de Atención a las Emergencias se solicitó la […]

today24 noviembre, 2023

Arte y Cultura

O belén con movemento máis grande de Galicia inaugúrase en Valga o 3 de decembro

Dende Campaña xa se albisca o Nadal. A trafega de persoas e materiais no local do Belén Artesanal é sinal de que estamos ás portas dunha nova edición do nacemento con movemento máis grande de Galicia, a número vinte e nove, que a bo seguro volverá a sorprender coas incorporacións de figuras e escenas nas que xa están traballando os membros da asociación Amigos do Belén. Como é habitual, a festividade da Virxe do Pilar marcaba o inicio das tarefas […]

today12 noviembre, 2023

Deportes

O piloto valgués Esteban Cotón repite como campión galego de Rallymix

“Foi unha temporada bonita” na que estreou coche e acadou o primeiro posto en tres probas O Concello felicítao por este título, que pon de novo ao deporte local no máis alto O deporte valgués segue no máis alto en diferentes disciplinas e con distintos protagonistas. No caso máis recente, en automobilismo e da man do piloto Esteban Cotón López, veciño de Cimadevila. Xa é un vello coñecido dos circuítos de rally e, de feito, xa conta na súa traxectoria […]

today8 noviembre, 2023

Destacado

Telefónica substitúe o poste que ameazaba con derrubarse na Devesa (Valga)

A compañía incumpriu o primeiro prazo de cinco días para executar as obras e foi sancionada con 1.000 euros Aínda ten pendente de presentar un informe sobre a situación de todos os postes da súa propiedade no municipio cun plan de mantemento Valga, 6 de novembro de 2023,- A entidade Telefónica S.A. procedeu nos últimos días á substitución do poste que, no lugar da Devesa (Campaña), ameazaba con derrubarse debido ao mal estado no que se atopaba. E fíxoo, despois […]

today6 noviembre, 2023

AD
0%