Brión acolle a entrega do VIII Premio Laudamuco e a estrea de “Polo de Franco”
A sala municipal de exposicións de Brión acollerá hoxe sábado 16 de maio, ás 18:00 horas, o acto de entrega da oitava edición do Premio Laudamuco para textos teatrais, un certame literario convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. Un acto presidido polo alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, que fará entrega do galardón á coruñesa María Peinado Casal pola súa obra "Maseira”. Un premio consistente nunha figura conmemorativa elaborada polo artista Xosé Vizoso, […]