Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 noviembre, 2025
• A formación independente e o Partido Socialista de Galicia mostran o seu “estupor” ao teren coñecemento, a través das redes sociais do Concello, da instalación dun monólito en homenaxe a Moncho Reboiras
Alternativa por Arzúa, formación independente con tres edís, e a concelleira do PSdeG —que tamén forma parte do goberno municipal de Arzúa— amosan o seu “desconcerto” ante a acción promovida polos seus socios de goberno do BNG para a instalación dun monólito na memoria de Moncho Reboiras, coincidindo co 50 aniversario do seu pasamento, da que se decataron “polas redes sociais”.
“Isto non ten nada que ver coa figura de Moncho Reboiras, cuxo asasinato a mans da policía franquista en 1975 condenamos enerxicamente”, explican. “Porén, non fomos consultados sobre a pertinencia de financiar esta obra con cargo ao orzamento municipal. Se está é unha iniciativa exclusiva do BNG, debería ser o propio partido quen a asuma economicamente, e en todo caso, previa consulta á corporación municipal”. Os catro edís de A.A e PSdeG tamén sinalan que “a figura de Reboiras non ten ningunha vinculación co noso concello. Pola contra, existen outros represaliados arzuáns que non contan con ningún tipo de recoñecemento. O busto de alcalde Juan Vidal é, de feito, unha boa representación de todas as persoas que sufriron a represión franquista”.
Por outra banda, indican que non van “entrar a valorar a idoneidade deste gasto”, mais consideran que “non resulta en absoluto prioritario nin necesario nestas actuacións do municipio”. Os edís de Alternativa por Arzúa e PSdeG subliñan que lles parece “estupendo” que o BNG queira “facer e desfacer”, pero lembran que “para o bo e para o malo, gobernan en minoría, sen sequera en minoría, xa que a tenencia de alcaldía recae en 3, 3 e 1”.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)