Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 enero, 2024
Ames, 4 de xaneiro de 2024.- Como parte da Gran Festa de Reis organizada polo Concello de Ames, Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán todos os recunchos da vila o 5 de xaneiro, enchendo o concello de maxia e ilusión. Mañá pola mañá, as Súas Maxestades visitarán as parroquias amesás e, xa pola tarde, percorrerán as rúas do Milladoiro e de Bertamiráns coas súas cabalgatas. Ese mesmo día, o fin de festa reunirá a grandes e pequenos nos pavillóns municipais para despedir ás Súas Maxestades de Oriente e desfrutar dunha merenda, amenizada cun espectáculo de animación infantil. Toda a programación municipal de Nadal pode consultarse premendo nesta ligazón .
Xa está todo preparado para que os Reis Magos de Oriente visiten todos os recunchos do concello de Ames, escoitando os desexos dos máis pequenos e levando ilusión a todas as casas.
Visita ás parroquias e cabalgata
O día 5 de xaneiro, os Reis Magos pasarán polas parroquias do concello, visitando os locais sociais, para que tanto os cativos e cativas dos núcleos urbanos como do rural poidan acudir a velos. Desta maneira, ao longo da mañá, Melchor, Gaspar e Baltasar estarán nas once parroquias do Concello de Ames. Así, pasarán por Ameixenda e Cruxeiras a partir das 10:00 horas, por Augapesada ás 10:30h, por Piñeiro e Covas ás 11:00h, por Tapia e Ortoño ás 11:30h, por Lens ás 12:00h, por Agrón e Bugallido ás 12:30h, por Trasmonte ás 13:00h e por Biduído ás 13:30 horas. Para finalizar a Gran Festa de Reis, o venres 5 pola tarde celebraranse dúas cabalgatas, nas que participarán 82 nenos/as e mozos/as, divididos en distintas carrozas, e nas que
se repartirán caramelos. O percorrido das cabalgatas pode consultarse nesta ligazón .
A primeira cabalgata será a do Milladoiro, de 17:00 a 18:00 horas. A comitiva real sairá da rúa Agriños, proseguirá pola Travesía do Porto – Rúa Pardiñeiros – Agro do Medio – Rúa de Abaixo – Rúa Raxoeira – Rúa Anxeriz – Rúa Cruxa – Agro do Medio – Rúa Cereixos – Travesía do Porto. Ao rematar, as Súas Maxestades desprazaranse ata o pavillón municipal da localidade arredor das 18:00 horas. Alí despediranse dos máis pequenos da casa e darán paso ao espectáculo de animación infantil ”Estrela de mar pincha!”. Ademais, os asistentes poderán desfrutar de rosca con chocolate e de iogures doados por CLUN.
Posteriormente, os Reis chegarán a Bertamiráns, onde a cabalgata será de 19:00 a 20:00 horas. As carrozas sairán da estrada de Lapido, á altura do 108; a continuación
proseguirán por Avenida da Maía – Travesía do Pedregal – Rúa Pedregal – Avenida da Maía – Avenida da Peregrina ata rematar no pavillón. Igual que acontecerá no Milladoiro, haberá un fin de festa do pavillón municipal, onde tamén se poderán degustar a rosca con chocolate e os iogures de CLUN. Tamén en Bertamiráns se representará o espectáculo “Estrela de mar pincha!”.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)