AD

Actualidad

Todo listo para unha nova edición do Folk na Beira do Sar

today3 junio, 2026

Fondo
share close
AD

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e o presidente da Asociación Folclórica Colexiata do Sar, Rafael Sexto, animaron hoxe a participar no Folk na Beira do Sar, unha proposta cultural e gastronómica coa que colabora o Concello.

Neste sentido, Míriam Louzao destacou a aposta do seu departamento por levar as iniciativas culturais aos barrios composteláns baixo a premisa de que a cultura é un dereito.

Esta proposta encherá o barrio de Sar desde o venres e durante a fin de semana de actividades para todos os públicos. A programación abrirase o venres coa actuación da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar e a súa Escola de Danza e Música Tradicional para dar paso, ás 19.30 horas, á inauguración da exposición de máquinas ‘CoSar e cantar’. Ás 22 horas será o momento para Astarot. O sábado haberá artesanía e accións artísticas, catas de viños, showcooking co chef André Arzúa e a sumiller Nuria Quintela, ademais de propostas musicais e animación para os nenos.  O domingo haberá pasarrúas, cabezudos e sesión vermú e Carlos Núñez pechará a programación cun concerto na colexiata.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *