Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
David Mella, Noé Carrillo e Nico González protagonizarán un encontro especial para o deporte teense na eliminatoria entre o Auriense e o Deportivo da Coruña.
A Copa do Rei deixará a finais de outubro unha imaxe moi especial para Teo. Tres mozos deportistas do municipio, David Mella, Noé Carrillo e Nico González, coincidirán sobre o céspede nunha eliminatoria que medirá o Auriense co Deportivo da Coruña en Ourense.
Mella e Carrillo chegarán á cita formando parte do conxunto coruñés, mentres que Nico González defenderá as cores do Auriense. Este último, ademais, conta cun vínculo especial co fútbol local, xa que foi xogador da S.R. Calo.
O encontro suporá moito máis que unha eliminatoria copeira. Será tamén unha oportunidade para poñer en valor o talento deportivo nacido e formado en Teo, con tres futbolistas que compartiron contorna, amizades e campos locais antes de avanzar nas súas respectivas traxectorias.
A presenza dos tres xogadores nun escenario como a Copa do Rei convértese así nun motivo de orgullo para os veciños e veciñas do municipio e nun exemplo do potencial da canteira deportiva teense.
Un talento forxado desde pequenos, entre amigos e nos campos da contorna, que agora volverá encontrarse nunha das competicións máis especiais do fútbol español.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)