AD

Deportes

Un balón ao poste no último suspiro priva ao Composala do triunfo ante o vixente campión (4-4)

today18 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

O balón estrelándose no poste co porteiro xa batido e o rival superado a escasos segundos do sinal final resumiu á perfección o vivido en Santa Isabel. O Composala rozou a victoria na última acción do partido tras completar unha actuación sobresaliente ante o actual campión da categoría, o Leis Pontevedra, pero tivo que conformarse cun empate (4-4) que sabe a moi pouco polos méritos amosados sobre a pista.

Ata chegar a ese desenlace, o equipo de Gabi Rama foi impoñendo o seu estilo de xogo e golpeou primeiro abrindo a conta de forma temperá (1-0). Aínda que a reacción visitante non tardou en chegar (1-1), a escuadra compostelá refíxose con personalidade, dominou as distintas fases do partido e logrou dous tantos consecutivos para situar un merecido 3-1. Xusto antes do descanso, e sen ter feito méritos para iso, o Leis conseguiu recortar distancias (3-2).

Na segunda metade a tónica mantívose: un Composala cun gran xogo asociativo foi capaz de incrementar a súa vantaxe ata o 4-2. A diferenza puido ser aínda maior de ter aproveitado as varias ocasións das que dispuxo o conxunto santiagués.

Co resultado en contra e véndose superado sobre a cancha, o cadro pontevedrés endureceu o choque e levou o xogo ao límite. A deportividade local quedou patente cando o equipo compostelán decidiu deter o partido para atender a xogadores rivais lesionados; unha cortesía que o conxunto visitante non correspondeu en situacións similares.

O Leis abusou durante todo o encontro do recurso de porteiro-xogador para tentar frear o ritmo frenético que lles gusta aos xogadores de Gabi Rama. Grazas a esta estratexia e a un penalti por man na área local, os visitantes conseguiron igualar a contenda (4-4) xusto antes de que a madeira evitase o triunfo compostelán na última acción.

A pesar de non conseguir os tres puntos que mereceu, o Composala deixa unhas sensacións magníficas neste arranque de competición, demostrando que ten nivel e argumentos de sobra para competir contra os rivais máis potentes da categoría.

Plantilla e goleadores do Composala: Karpin y Bruno (porteros); Carlos, Jorge, Dani Blanco, Pablito (1), Quintás, Aldrey (2), Enrique, Álvaro Alarcón (1), Lucho, Danito, Aspilche y Fran. Entrenador: Gabi Rama.

DECLARACIONS JORGE: «Estamos moi orgullosos do traballo colectivo de equipo, foi un un puntiño de moita loita, ao final creo que puido ir para calquera dos dous lados, pero estamos moi contentos co traballo e hai que seguir nesta dinámica para para conseguir o obxectivo e seguir estando nos postos altos da clasificación».

DECLARACIONS GABI RAMA: «Foi un partido tal como xa previamos: moi igualado, con moitas alternancias e no que sabíamos que podía caer para calquera dos dous lados, aínda que estabamos convencidos de que iamos ter opcións de gañalo. Estivemos a falta de uns cinco minutos con dous goles de vantaxe, pero un penalti nunha man involuntaria e un gol co xogo de cinco para catro fixéronnos privar dos tres puntos na nosa casa. Queremos dar as grazas á afección, que volveu encher de cor o pavillón, e animar a que o público siga vindo a apoiarnos e a darnos este alento».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *