AD

Actualidad

Un condutor ferido tras saír da vía e envorcar o coche en Arzúa

today15 enero, 2026

Fondo
share close
AD

Un home resultou ferido nun accidente de tráfico ocorrido este xoves na estrada N-547 o seu paso por Arzúa. O vehículo abandonou a calzada por causas que se investigan e acabou envorcado nunha leira próxima, onde quedou apoiado practicamente en posición vertical.

Ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios e da Garda Civil de Tráfico, así como un guindastre, que foi necesario para retirar o coche da parcela.

Este novo accidente prodúcese apenas un mes despois doutro suceso mortal nesta mesma vía, no que dúas persoas faleceron tras unha colisión frontal entre un turismo e un camión.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *