AD

Actualidad

Un total de 34 nenos e nenas desfrutaron do V Pequetrail de Lousame

today15 enero, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

15 de xaneiro de 2024.- Un total de 34 nenos e nenas, de entre 5 e 16 anos, tomaron parte na quinta edición do Pequetrail de Lousame, disputado este sábado pola tarde. A chuvia e as baixas temperaturas minguaron a participación prevista (sesenta inscritos) pero aínda así estes 34 participantes converteron a edición deste ano na segunda máis concorrida da súa curta historia, só superada polos 57 participantes do ano 2022.

A proba desenvolveuse na contorna do polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra sobre unhas distancias e cun percorrido adaptado ás idades dos nenos e nenas participantes. Os primeiros en saír foron os cadetes e xuvenís, que percorreron uns 7 km. Despois tocoulles a quenda aos máis pequenos, os sete Sub-8 que percorreron algo máis de 500 metros. Os efectos da choiva das últimas xornadas, que deixou o terreo esvaradío, unidos ao feito de que a primeira parte da proba coincidira coa que afrontaron os corredores adultos do Trail de Lousame fixo que ningún dos pais e nais presentes se animara este ano a correr canda a súa crianza.

O grupo máis numeroso foi o dos 13 Sub-10, onde tivo lugar a anécdota da xornada. Todos os percorridos estaban marcados con frechas de diferentes cores: vermella, verde, negra e amarela, así como un cartel todo en rosa con frecha en negro. Unha parella de sub-10 confundiu o vermello co rosa e, no canto de facer os 1.000 metros que lles tocaban remataron facendo 3 quilómetros, a segunda distancia máis longa desta edición. Aínda así, ambos os dous entraron á carreira na liña de meta, onde foron os máis aplaudidos de toda a tarde.

Entrega de medallas

A concelleira de Deportes, Mariel Agrafojo, e o xerente de Futuranea, Pablo Roo, foron os encargados de entregarlles as medallas a todos os participantes, así como unhas lambonadas e un pequeno avituallamento con auga e barriñas enerxéticas para repoñer forzas. Unha tarefa na que estivo acompañada polos técnicos de Cultura, Deportes e Voluntariado de Lousame.

Así mesmo, contouse coa imprescindible colaboración do Voluntariado lousamiá, do Club de Atletismo Lousame, da Cruz Vermella de Noia e de Protección Civil de Lousame.

A proba contou coa colaboración de Futuranea, Hoka One One, Tarrío & Suárez Obras y Contratas, Fermín Simal SL, Autos Comparado, Supermercados Gadis, Atmósfera Sport, Pavimentos Noia e Nutri Sport.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%