AD

Actualidad

United Airlines confirma que seguirá operando a ruta Santiago Nova York no 2027

today26 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

Esta nova, anunciada xa con moita antelación para os tempos habituais de anuncio de rutas das compañías aéreas, é unha moi boa nova para o aeroporto de Santiago, que mantén así unha compañía e unha ruta estratéxicas; para o sector turístico de Compostela, xa que Estados Unidos é o primer mercado emisor internacional á cidade; e para as propias persoas residentes na cidade, que teñen unha conexión directa co país norteamericano sen ten que facer escalas.

A ruta Santiago – Nova York comezou a operar o 28 de maio. Foi o primeiro voo en aterrar logo da apertura do aeroporto tras as obras que o mantiveron pechado dende a segunda quincena de abril até finais de maio. Este voo comezou unha un periodo de verán cunha importante conectividade internacional no Rosalía de Castro, que incluíu tamén a chegada de KLM cunha ruta directa a Amsterdam, a apertura de Aer Lingus da súa ruta a Cork, ou o incremento de frecuencias de Lufthansa a Franckfurt até ter un voo diario nos meses  centrais do verán.

O anuncio de United Airlines, logo dos anuncios de Vueling de que establecerá un quinto avión no aeroporto para a próxima tempada de verán e a apertura da base de Wizz Air, en principio prevista para febreiro pero que adiantou finalmente ao 17 de decembro, perfilan unha tempada de verán no aeroporto Rosalía de Castro no 2027 no que, previsiblemente, continuarase incrementando a conectividade internacional.

Deste xeito, continuase na liña de transformación do modelo turístico da cidade, apostando pola internacionalización da demanda, xa que en xeral os e as turistas internacionais teñen un maior gasto diario e achegan un maior valor engadido para o conxunto do concello. Así, de xaneiro a xullo, o turismo internacional suma xa o 56% das estadías que se producen na cidade, con 416.043, fronte ao 44% do turismo doméstico, segundo os datos do INE.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *