Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 abril, 2026
Val do Dubra pechou este luns 6 tres días de celebración das Feiras de Abril cun balance moi positivo, marcado pola elevada asistencia de público e polo bo tempo, que acompañou durante todas as xornadas.
A programación concluíu co mercado mensual e coa tradicional Festa da Empanada, que reuniu a numerosos visitantes. A cita contou tamén cunha polbeira que ofreceu degustación de vaca cachena; houbo tamén actuación musical do Dúo Matices, encargados de poñer o broche final ao evento.
Ao longo da fin de semana, as Feiras de Abril volveron poñer en valor o rural, destacando a riqueza da gastronomía, a artesanía e o comercio local, claves na dinamización do territorio e na promoción da identidade cultural de Val do Dubra.
Dende a organización subliñan o éxito desta edición, que se consolida como unha cita de referencia tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)