Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 noviembre, 2024
Cómo xa vai sendo habitual esta cita combina comercio de proximidade con cultura, propostas músicais, un ambiente moi agradable e distendido con servizo de cafetería, obradoiros infantís e familiares.
Pero ademais de todo isto o protagonismo centrase na súa PROPOSTA SOLIDARIA que encabezan e coordinan as ANPAS do CPI Plurilingüe de Vedra e do CEIP Ortigueira.
Ambas terán un posto solidario de venda de segunda man e opción de troco, con todo o material que recaden as familias que desexen colaborar con esta iniciativa.
A idea é darlles unha segunda vida a libros, xoguetes, roupa,… Estes exporanse no mercadiño para que outras familias as poidan adquirir ou trocar.
TODO O RECADADO IRÁ DESTINADO PARA “SAVE THE CHILDREN VALENCIA”
PUNTOS PARA A RECOLLIDA: Ambos Centros Escolares e o Centro Sociocultural de Vedra (en horario de tarde) ATA O VENRES 29 DE NOVEMBRO!!
Tamén existirá a opción da aportación económica directa (sen compra nin troco) para a mesma finalidade.
O material recollido que non se venda nin se troca porase tamén a disposición da mesma organización “SAVE THE CHILDREN”
Pero esta non será a única alternativa solidaria, senón que o colectivo “As Mans da Avoa” todas unhas veteranas nesto do bo facer e da solidariedade tamén terán a disposición do público as súas “bolas solidarias”.
Trátase de preciosos adornos de nadal feitos por elas mesmas que poderás comprar no mercadiño e ademais con isto contribuirás coa súa causa solidaria.
Animámosvos a participar… Tanto entregando material para a venda ou o troco como achegándovos o propio domingo 1 de decembro pola Nave da Estación a gozar dunha xornada diferente… E solidaria!!
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)