Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Vegalsa-Eroski inaugurou onte en Val do Dubra o seu quinto establecemento baixo a bandeira Eroski Rapid, situado na estación de servizo MyG Gasóleos S.L., na parroquia de Paramos.
Esta nova tenda da compañía de distribución alimentaria, situada na estrada AC-406, ten unha superficie de venda de 60 metros cadrados, onde ofrece aproximadamente mil referencias de fabricantes e de marca propia, tanto de alimentación como produtos de limpeza e hixiene persoal e non food. Ademais, conta cun forno propio para ofrecer sempre pan recén feito.
O establecemento abre os 365 días do ano, de sete da mañá a once da noite, cun equipo de catro persoas para a atención ao público. O formato Eroski Rapid permite unha compra rápida e completa para resolver as necesidades urxentes do fogar.
Escrito por Líder Redacción
comarca comercio empresa radio lider santiago supermercado val do dubra vegalsa eroski
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)