AD

Actualidad

Verea aposta por Santiago como unha porta de entrada alternativa a Lisboa

today25 abril, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

  • Así “apostar por Santiago como Capital Europea da Xuventude ou promover un programa de atracción de investimentos aproveitado as sinerxias da lusofonía son un claro exemplo de que o noso obxectivo pasa por recuperar protagonismo internacional”, salientou.
  • Verea lamentou que a única política de internacionalización do BNG neste primeiro ano de goberno sexa “a perogrullada da semana pasada de pedir que os aeroportos teñen que coordinarse, iso si, seguindo co seu mantra de botarlle a culpa aos demais quizais para agochar que baixo o seu mandato se están perdendo conexións internacionais”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, afirmou hoxe no Pleno municipal a súa intención de que Santiago recupere protagonismo internacional. “Santiago necesita abrirse ao mundo como nós necesitamos respirar, porque está na nosa esencial e non debemos perder outros catro anos pechados en nós mesmos”, sinalou.

Verea lamentou que a única política de internacionalización do BNG neste primeiro ano de goberno sexa “a perogrullada da semana pasada de pedir que os aeroportos teñen que coordinarse, iso si, seguindo co seu mantra de botarlle a culpa aos demais quizais para agochar que baixo o seu mandato se están perdendo conexións internacionais”.

Para o líder popular “é fundamental facer unha oposición útil, amosando así que seremos un goberno útil, por iso traemos propostas concretas fronte ás habituais declaracións ocas deste goberno”. Así “apostar por Santiago como Capital Europea da Xuventude ou promover un programa de atracción de investimentos aproveitado as sinerxias da lusofonía son un claro exemplo de que o noso obxectivo pasa por recuperar protagonismo internacional”, salientou.

Nese senso, destacou a importancia da eliminación de fronteiras e a reunificación de pobos irmáns como Galicia e Portugal, que supón unha achega de 9 millóns de persoas no eixo Ferrol- Lisboa o que nos converte nunha macrorrexión superior ao que poder ser Holanda e Bélxica. Ademais, expuxo Verea, “a punta de lanza hoxe desta integración imparable están sendo os operadores económicos, posto que as exportacións de Galicia a Portugal incrementáronse en 20 anos de 1.400 millóns a 3.700, supoñendo un 27% da exportación total galega”.

Por todo iso “resulta inconcibible que deixemos pasar unha oportunidade así ou prefiramos que o desenvolvan outras administracións, porque nós si cremos que Santiago ten todo o que se necesita para poder poñer en marcha unha estratexia política ambiciosa para converternos nunha porta de entrada alternativa a Lisboa e construír unha cidade aberta, dinámica e creativa”, destacou, e lamentou tamén que “para iso fai falla un brazo político ambicioso que está claro que hoxe non existe”.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%