Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 enero, 2024
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, amosou hoxe a súa preocupación polos orzamentos do Concello de Santiago para 2024 ao non ter aínda información sobre os mesmos a pesar de ser anunciados, presentados e publicitados polo tripartito do BNG, PSOE e CA. “Estamos ante unha anomalía democrática que nos obriga a preguntarnos se teñen algo que ocultar”, manifestou Verea, e, engadiu, “cales son esas cuestións que non queren que coñezan os cidadáns de Santiago?”, ao tempo que pediu que lles deixen exercer os seus dereitos e defender os intereses de todos os composteláns.
Para o líder popular, a outra posibilidade, ante a falta total de transparencia por parte do tripartito BNG, PSOE e CA, pasaría porque en realidade non existan uns orzamentos, e o único que teñan é un powerpoint xenérico e cheo de vaguedades que presentaron aos medios.
O certo, sinalou Verea, é que “o único que nós recibimos o mesmo día que asinaron o acordo BNG, PSOE e CA, foi unha folla cun programa xenérico de gasto”, e, indiciu, “ond están os orzamentos de impostos? Onde está a memoria económica? Onde están as subvencións nominativas? Por que non fan pública toda a información?”. “E é que ten máis información o orzamento dunha comunidade de veciños que o que eles presentaron”, lamentou.
Por outra banda, destacou Verea, estaría ben saber se o PSOE asinou un acordo de orzamentos só con esta documentación, porque de ser así, estaríamos a falar dunha “irresponsabilidade absoluta, volvendo a darlle ao goberno do BNG e CA outro cheque en branco” .
O popular lamentou ademais que, a pesar da pouca información que teñen, o que xa se pode saber polo de agora é que “de orzamentos sociais nada, máis ben o contrario”, tendo en conta que a primeira medida do 2024, que entra hoxe en vigor, é a subida dun 13% das tarifas de Santa Isabel e Fontes do Sar. Así, acusou ao BNG de ter “pouca sensibilidade social e moita cara” para facer esa subida ás familias de Santiago sabendo o estado lamentable no que están as instalacións, e sabendo ademais que existen outro mecanismos para alivias esas subidas.
Ademais, todo apunta a que haberá unha subida xeral de taxas do 10% e de impostos do 5%, subidas que o que indican é que “estamos ante o orzamento dos tarifazos do BNG, PSOE e CA, para pagar aínda non sabemos qué porque non temos a información”.
Por todo isto, pediu de novo que se lles remita a información completa e “acaben así con esta anomalía democrática” para poder exercer “os nosos dereitos e defender os intereses dos composteláns, fiscalizando a documentación e facendo propostas”.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)