AD

Actualidad

Verea mobiliza ao PP de Santiago ante o cambio: “Queda un último esforzo”

today3 octubre, 2026

Fondo
share close
AD
  • “Estamos preparados para gobernar”: Verea reivindica a experiencia e a unidade do seu equipo ante o reto do cambio en Santiago

Máis de 250 persoas participaron este sábado na III Romaría Popular de Santiago, un doencontro no que o líder do PP en Compostela, Borja Verea, quixo agradecer especialmente a implicación dos afiliados e voluntarios que fan posible a actividade da organización.

Verea destacou o carácter especial desta Romaría, xa que, nesta ocasión, son os concelleiros, deputados e os altos cargos do partido os que se encargan de cociñar e servir as mesas. “Imos servir as mesas para vós, porque sempre é ao revés. Sempre estades vós axudando, sen pedir nada a cambio. Pero hoxe queremos que vexades que estamos aquí tamén para vós”, sinalou.

Neste sentido, pediu aos asistentes “paciencia por se hai algún erro”, lembrando que “todos os que estamos hoxe aquí cociñando e servindo somos voluntarios”.

Durante a súa intervención, Verea puxo tamén o foco no incremento da participación de afiliados e simpatizantes na III edición desta cita, destacando que “somos cada vez máis para o cambio que está a punto de chegar” e que isto “nótase nas rúas, no traballo, nos amigos…”.

Unha forza que, segundo Verea, medra arredor dun proxecto preparado para asumir a responsabilidade de gobernar Santiago: “Estamos preparados para gobernar. Somos un equipo con experiencia e todos compartimos un mesmo sentimento, que sentimos Santiago”. “Os santiagueses están esperando a que por fin chegue este cambio, e que poidamos por fin gobernar a nosa cidade”, concluíu.

Verea afirmou que “queda un último esforzo, quedan pouco máis de seis meses” e que hai que “seguir sudando a camiseta, porque estamos moi cerca”. “Os santiagueses están esperando aí e esta forza que estamos sentindo hoxe aquí vai ser imparable en maio”, destacou durante o seu discurso.

Nese sentido, apelou aos afiliados a intensificar o traballo durante estes meses decisivos e a levar o proxecto do PP de Santiago por toda a cidade”, porque, como subliñou, “é aí cando máis vos imos necesitar”.

O ambiente da Romaría deixou tamén moitas mostras do apoio dos asistentes a Borja Verea, que tivo que interromper en varias ocasións a súa intervención ante os gritos de “alcalde, alcalde” que se escoitaron entre o público.

Recoñecemento a máis de 40 anos de militancia

A Romaría serviu tamén para render homenaxe a tres afiliados do PP de Santiago que levan máis de 40 anos vinculados ao partido: Manuel Munín, Ismael Carballido e José Corral.

Os tres recibiron como recoñecemento unha figura do Apóstolo e unha carta de agradecemento escrita por Borja Verea, nun acto no que se quixo poñer en valor a súa longa traxectoria e dedicación á organización.

A xornada contou tamén coa participación de Ovidio Rodeiro, Diego Calvo, presidente provincial da Coruña do PPdeG, e Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG.

PAULA PRADO: “Borja Verea é o alcalde que Santiago merece e necesita”.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, cualifica ao presidente do PP de Santiago e candidato á Alcaldía, Borja Verea, como “a única alternativa posible” para gobernar na capital de Galicia fronte ao mandato “esgotado” do BNG. Para a número dous dos populares, o seu proxecto de cidade representa todo o que representan os gobernos populares: tranquilidade, unidade, xestión e futuro e, por iso, “Borja Verea é o alcalde que Santiago merece e necesita”.

DIEGO CALVO: “Santiago ten un problema, que se chama BNG”

Pola súa parte, Diego Calvo destacou que Santiago de Compostela ten un “problema”. Un problema que se chama Goretti Sanmartín e BNG e que se apelida Partido Socialista”. Un problema, dixo, que ten á cidade “secuestrada” e refén dos enfrontamentos produto dun desgoberno que os veciños non merecen. Fronte a esta situación, o presidente provincial destacou que o que necesita Santiago é “máis Borja Verea, máis Partido Popular e máis xestión. Santiago non pode resignarse, non pode resignarse ao bloque e non pode resignarse á confrontación”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *