Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 abril, 2024
Borja Verea, líder do Partido Popular de Santiago definiu hoxe o novo goberno da Xunta de Galicia nunha palabra: futuro. Para Verea “é futuro pola importante renovación, con xente nova, con xente con enerxía e con novas ideas pero tamén con ese equilibrio de persoas con experiencia que levan tempo gobernando”.
O tamén deputado popular sinalou que “en clave compostelá retos que están aí pendentes, e que están paralizados por culpa de goberno do BNG, como poden ser o aparcadoiro do Hospital Clínico ou o problema da vivenda na cidade, e en ámbolos dous a solución ten que vir da man das dúas administración”.
No caso do parking de CHUS, Verea lamentou que, “despois de propostas e contrapropostas, ceder, ceder e ceder por parte da administración autonómica en busca dunha solución, ata o de agora o único que tivemos por parte do BNG foi non, non e non”. Nese senso lembrou que “xa acabaron as eleccións autonómicas e non lles serviu de nada esa estratexia de intentar arañar uns poucos votos para Pontón a costa dos intereses dos cidadáns de Santiago; de aí que, tras 9 meses de obstruccionismo cara a Xunta, agora desde o BNG parezan dispostos a ceder”, así “damos a benvida ao BNG a ceder e negociar pensando en Santiago por fin”, destacou.
En canto ao problema de vivenda que sofre Compostela, o líder popular calificou de “auténtico caos e desbaraxuste” a política plantexada polo BNG, que insiste en ir contra os propietarios limitando a renda de alugueiro ao mesmo tempo que propón vender a construtoras privadas todo o solo público que ten o concello en lugar de dedicalo a vivenda 100% social. “Nós -destacou Verea- temos outra forma de entender Santiago, dándolle seguridade xurídica aos propietarios para poder poñer a vivenda baleira a disposición da veciñanza co bono alugueiro, ou desenvolvendo vivenda social en colaboración con outras administracións”.
A pesar de todo, Verea pediu ao BNG que “deixe de paralizar asuntos tan importantes para a cidade e vaia da man da Xunta de Galicia para conseguir que Santiago avance”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)