Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 octubre, 2026
A escudería de simracing Xallas MotorSport, con sede central na localidade xalleira de Santa Comba, afronta un novo e esixente reto internacional no automobilismo virtual. O equipo medirase en pista nas prestixiosas 8 Horas de Indianapolis, unha das citas de resistencia máis icónicas do calendario de iRacing, competindo na esixente e ultracompetitiva categoría GT3.
O listón de Xallas MotorSport está alto para esta cita tras o seu recente e meteórico comezo no panorama competitivo, acumulando grandes resultados en probas previas que consolidaron a moral de toda a estrutura de cara a este desafío en terras americanas, onde buscarán manter a súa excelente xeira actual.
Para este compromiso no lendario trazado estadounidense, a estrutura de Santa Comba aliñará unha dupla galega de plenas garantías: María Montenegro, natural de A Cañiza, e José Calvín, piloto de A Coruña. Ambos serán os encargados de representar á escudería nesta importante proba de lume.
Estratexia ao límite no ‘Brickyard’ e apoio técnico
Os dous corredores enfrontaranse a un reto maiúsculo sobre o asfalto virtual de Indianapolis. A estratexia do equipo requirirá unha compenetración absoluta e unha xestión impecable do cansaço físico e mental, xa que ambos pilotos alternarán un total de 4 stints cada un ao longo das oito horas de competición.
Para logralo, a dupla contará co apoio incondicional de todo o equipo en boxes. Será clave a estratexia de carreira liderada por Francisco Javier Otero, Director Deportivo da escudería, xunto co traballo minucioso de Jasaca, encargado de desenvolver o setup máis adecuado para espremer o máximo rendemento do coche e asegurar a estabilidade en tandas longas.
Retransmisión íntegra en directo
A bandeira verde alzarase este sábado 17 a partir das 9:00 da mañá, arrincando un maratón de puro motor virtual. Os afeccionados ao simracing e seguidores da escudería poderán vivir cada adiantamento, parada en boxes e relevo en rigoroso directo.
A retransmisión íntegra da proba emitirase a través da canle de Twitch da estrutura, Malarkey_33, quen ocerará unha cobertura total da carreira e o seguimento detallado do coche do equipo.
Merchandising oficial grazas a novos acordos
Como novidade para os seus seareiros, a escudería xalleira anunciou que contará con merchandising oficial en breve. O lanzamento faise posible tras o peche dos acordos adquiridos con SRP Simracing Pro e Diario de Santiago, o que fará que o Polo oficial do equipo leve con orgullo o nome destas dúas grandes empresas.
Desde Xallas MotorSport amósanse «moi agradecidos pola confianza depositada en nós» por parte de David Roca (SRP) e Gonzalo Catoira (Diario de Santiago), os seus respectivos representantes neste proxecto. Todos os seguidores e amigos terán moi pronto a opción de facerse coa peza, mentres que os prezos e canles de venda concretaranse máis adiante.
Escrito por Líder Redacción
today8 octubre, 2026 2


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)