Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 septiembre, 2025
A Estrada, 25 de setembro de 2025.- Tras 43 anos de servizo, a administrativa do departamento municipal de Intervención Rosa Méndez despedíase hoxe dos seus compañeiros no Concello da Estrada, aos que deixará de ver cada día porque pasa a desfrutar dunha ben merecida xubilación.
Rosa incorporouse ao seu posto no Concello sendo alcalde Manuel Reimóndez Portela, de tal xeito que traballou na administración local con sete rexedores municipais. Ademais de Reimóndez, esta funcionaria estivo no departamento de Intervención durante os gobernos de Elvira Fernández, Jesús Tallón, Ramón Campos, José Antonio Dono, José López Campos e Gonzalo Louzao. Isto fai que traballara con sete dos oito alcaldes da Estrada da era democrática.
Natural de Vilagarcía de Arousa pero afincada na Estrada dende hai anos, a xubilación de Rosa Méndez coincide na data coa partida da que foi interventora durante os tres últimos anos, Carmen Morillo. O alcalde, Gonzalo Louzao Dono, quixo hoxe despedir e agradecer o bo traballo e estreita colaboración destas dúas traballadoras.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)