Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O segundo concerto de Corais Veciñais encheu de novo de público a Igrexa de San Fiz o pasado 22 de decembro.
A igrexa de San Fiz de Solovio rexistrou a visita de 24.497 persoas ao longo do mes que estivo aberto ao público, concretamente, dende o 1 de decembro ata o 5 de xaneiro. Esta cifra supón repetir os datos do ano pasado, consolidando a importancia do belén tradicional que alí se exhibe cada ano, ao que se xunta desde 2022 outra montaxe participativa elaborada pola Rede de Centros Socioculturais. Así, desde que Turismo de Santiago comezou a fomentar a apertura ao público da igrexa de San Fiz no tempo de Nadal, no 2015, xa suman máis de 200.000 persoas as que teñen desfrutado ao longo destes anos tanto do seu patrimonio como das instalacións temáticas de Nadal que brindan a desculpa para a súa apertura , unha cifra moi relevante tendo en conta os anos que se viu afectado polo Covid-19.
O nacemento tradicional foi mellorando e actualizándose ano a ano, grazas ao traballo do seu propietario e montador, o belenista José Uzal, e consta 500 figuras de barro e lenzo pintado, distribuídas nunha superficie de 30 m2, con pezas en movemento, iluminación, son e efectos especias.
Pola súa parte, o belén coletivo feito pola veciñanza dos 45 centros socioculturais de todo o termo municipal, recrea lugares e elementos de interese do patrimonio natural, arquitectónico e cultural dos barrios urbanos e parroquias rurais de Compostela.
Ademais, merece destacarse o éxito do segundo concerto de corais veciñais na propia igrexa de San Fiz, que neste ocasión tivo lugar o 22 de decembro. No concerto, enmarcado na colaboración entre Turismo de Santiago e a concellería de Centros Socioculturais, participaron as agrupacións veciñais «Coro Crecente», de Conxo, «Coral da Ponte Mantible», de Guadalupe, Vite, e a «Asociación Cultural Pena Maior», de Marrozos.
Estas accións permiten á veciñanza de Compostela e a visitantes coñecer este templo, xoia do patrimonio de Santiago, e enriquecer os atractivos turísticos de Santiago de Compostela no mes de decembro. Por elo San Fiz é obxecto ao longo destas festas dunha intervención especial de iluminación, tanto no interior coma no exterior.
A apertura de San Fiz de Solovio no Nadal é unha iniciativa de Turismo de Santiago, á que se sumou a Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago, que non sería posible sen a colaboración do Arcebispado de Santiago, do Mercado de Abastos e do belenista José Uzal.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)