Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 marzo, 2024
A Fundación Juana de Vega promove en colaboración co centro de formación profesional e promoción rural EFA Piñeiral as xornadas “Tendencias en Agromárketing, emprendemento e innovación en empresas de economía social do sector agroalimentario galego”. Esta acción formativa e divulgativa celebrarase na sede da EFA Piñeiral, en Arzúa, os días 14 e 15 de marzo en horario de 9:30 a 17:30 horas.
Este curso, enmarcado dentro do programa de actuación 2024 da Rede Eusumo, está dirixido a estudantes de márketing, publicidade e a emprendedores, produtores e transformadores agroalimentarios.
As xornadas contarán con sesións impartidas por expertos en márketing como José Manuel Suárez (Socio director en Iuni Strategic Marketers), Xosé Ramón Porto (Director de Pe Márketing), Luis Feijoo (Gastrofoto) e Alba Mouriño e Alba Bello (Las Dos Comunicación). Como colofón ás xornadas celebrarase unha mesa redonda con cooperativistas e unha visita á iniciativa Milhulloa.
Escrito por Líder Redacción
El programa matinal de uno de los grandes periodistas de nuestro país. Con todas las noticas de Galicia, España y el mundo; sin cortapisas y con la mayor pluralidad. Entrevistas, declaraciones y las opiniones de los mejores prescriptores.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)