Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today19 mayo, 2026
Boiro, 19 de maio de 2026.- O Concello de Boiro colabora co club Torrado Treus no desenvolvemento dunha nova edición da velada de boxeo que terá lugar este sábado 23 de maio e que será o III memorial a Luis Torrado Treus. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Manuel Planas, presidente da Federación Galega de Boxeo; e José Antonio Vidal, presidente do club Torrado Treus.
Esta nova edición da velada de boxeo terá lugar o sábado a partir das 20.00 horas no Pavillón de Barraña e contará con nove combates, 4 amateur e 5 neo pro. “Teremos un competidor do club, boxeadores de fora e un combate de élite”, afirmou José Antonio Vidal, presidente do club Torrado Treus.
A velada deste ano terá un fin solidario pois nela recadaranse fondos para Daniela Otero, unha rapaza boirense cunha enfermidade non
diagnosticada. “O boxeo é tamén un deporte moi solidario polo que esperamos que o público se implique e desfrute dun gran espectáculo”, recoñeceu Manuel Planas, presidente da Federación Galega de Boxeo.
O concelleiro de Deportes agradeceu ao club e á federación a súa implicación para que esta velada se siga a realizar en Boiro e que se faga na memoria dun veciño de Boiro “que fixo moito polo boxeo e polos deportes de contacto en xeral”.
As entradas están xa a venda e teñen un prezo de 12 euros anticipada e 14 en taquilla. As anticipadas poden conseguirse no ximnasio Ozono, en Motor Café e Recambios Triñanes.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)