Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today21 mayo, 2026
O Concello de Boiro recupera o vindeiro sábado 30 de maio o Trofeo Concello de Boiro no que van participar todos os clubs de fútbol do municipio. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto cos representantes de todos os clubs.
O trofeo terá lugar o sábado 30 de maio nunha xornada única, pola mañá a eliminatoria previa a partir das 11.30 horas e, pola tarde, terán lugar as semifinais nas que xogarán o CD Boiro contra o mellor perdedor da eliminatoria e ás 18.00 horas os dous gañadores da eliminatoria. A final terá lugar ás 19.30 horas.
“Este trofeo está pensado como unha festa de todos os equipos de futbol de Boiro para celebrar o fin da tempada”, afirmou Marcos Martínez. En representación dos clubs, David Rodríguez, recoñeceu que esta iniciativa “serve como unión de todo o fútbol boirense, independentemente da categoría na que xogan”.
O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, agradeceu a iniciativa do CD Boiro por recuperar este trofeo que serve “como festa de clausura e recoñecemento da tempada que remata”.
O prezo da entrada é de cinco euros e a recadación será doada a entidades sociais do municipio.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)