AD

Deportes

E-motion roza o podio no seu primeiro ano no Campionato de España

today24 mayo, 2026

Fondo
share close
AD

Nunha competición de moi alto nivel, con categorías nas que chegaron a competir ata 19 equipos, E-motion logrou uns resultados extraordinarios para tratarse do seu debut nacional

“Volvémonos co corazón cheo. Foron días intensos, emocionantes, de moita aprendizaxe e de convivencia en equipo. Desfrutamos esta experiencia dun xeito difícil de explicar con palabras”, sinalan desde a dirección do centro

No seu debut na competición nacional, a escola E-motion acadou uns resultados extraordinarios no Campionato de España de Fit Kid, celebrado en Blanes (Cataluña) entre o 30 de abril e o 3 de maio. En dito campionato logrou tres cuartas posicións e unha sexta posición, quedando ás portas do podio en varias ocasións.

Representando con enorme orgullo a Galicia sendo ademais a única escola galega presente nesta cita nacional- o equipo viviu a súa primeira experiencia nun campionato de España deixando unha forte pegada, tanto dentro como fóra da pista.

Nunha competición de moi alto nivel, con categorías nas que chegaron a competir ata 19 equipos, E-motion logrou uns resultados extraordinarios para tratarse do seu debut nacional: tres cuartas posicións e unha sexta posición, quedándose ás portas do podio en varias ocasións e demostrando un nivel competitivo que non pasou desapercibido.

Máis aló da satisfacción dos resultados, desde a escola destacan o valor humano e emocional desta experiencia. “Volvémonos co corazón cheo. Foron días intensos, emocionantes, de moita aprendizaxe e de convivencia en equipo. Desfrutamos esta experiencia dun xeito difícil de explicar con palabras”, sinalan desde a dirección do centro.

A participación de E-motion foi recibida con numerosas felicitacións por parte de asistentes, organización e outras escolas, recoñecendo o gran traballo realizado polo equipo amesán na súa primeira incursión nun campionato de ámbito nacional.

Para unha escola nova dentro do circuíto competitivo nacional, esta estrea supón un paso enorme e unha confirmación de que o traballo diario, o compromiso e a paixón están a dar os seus froitos. “Sabiamos que iamos aprender, a vivir a experiencia e a empaparnos de todo o que supón un campionato deste nivel. Pero marcharnos con estas sensacións, con este recibimento e con estes resultados, supera calquera expectativa.”

Desde E-motion xa miran ao futuro con ilusión renovada, conscientes de que esta foi só a primeira páxina dunha aventura que promete seguir crecendo. Porque ás veces, os maiores triunfos non se miden só con medallas, senón con todo o vivido polo camiño.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *