AD

Comarca

Ames aproba a concesión de 80.000 euros entre 23 clubs e asociacións deportivas

today25 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 20 de agosto a concesión de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por clubs e asociacións deportivas de Ames no exercicio 2025. O importe das subvencións que se van a conceder ascende a 80.000 euros

Un total de 23 entidades beneficiaranse destas subvencións municipais, que buscan achegar a práctica deportiva ao maior número de veciños/as posible, así como promover unha vida deportiva estable dentro do concello. As entidades beneficiarias destas axudas recibirán o 50% da axuda concedida de xeito anticipado

Ames, 25 de agosto de 2026.- A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 20 de agosto a concesión de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por clubs e asociacións deportivas de Ames no exercicio 2025. O importe das subvencións que se van a conceder ascende a 80.000 euros. Un total de 23 entidades beneficiaranse destas subvencións municipais, que buscan achegar a práctica deportiva ao maior número de veciños/as posible, así como promover unha vida deportiva estable dentro do concello. As entidades beneficiarias destas axudas recibirán o 50% da axuda concedida de xeito anticipado.

O Concello de Ames vén de aprobar o reparto de 80.000 euros entre as asociacións e clubs deportivos do municipio. A estas subvencións puideron optar todas as entidades do concello de Ames que realizaran actividades de índole deportiva. En total, foron 23 entidades as que cumpriron coas condicións e que obtiveron a axuda, que tamén se puido destinar a sufragar a adquisición de material inventariable.

Ademais, búscase a participación activa dos/as veciños/as na actividade deportiva, que ten un claro interese público, como medio de promover a formación dos máis novos/as e de propiciar a convivencia entre os veciños e veciñas; así como poñer a disposición do Concello información completa e actualizada das asociacións sen ánimo de lucro do municipio, co fin de promover unha relación fluída cas mesmas e posibilitar o deseño de políticas eficaces que permitan dinamizar a actividade dos particulares que resulte complementaria das competencias municipais.

Asociacións e clubs beneficiados

As entidades que se beneficiaron da concesión destas axudas son Ames Atletismo con 6.738,04 euros; A.D. Básquet Ames con 6.042,50 euros; AD Val da Mahía con 2.608,28 euros; CB Ames con 1.782,32 euros; Club Atletismo MillaRaio con 7.346,64 euros; Club Atletismo Sar con 3.477,70 euros; Club Balonmano Alca con 2.347,45 euros; Biduído SR con 1.347,61 euros; C.C. Os Esfola Arrós con 1.608,44 euros; Club Patinaxe Sarela con 5.781,68 euros; Club Piragüismo Ribeiras do Tambre, con 5.346,96 euros; e Club Deportivo Rutas a Pie con 1.651,91 euros.

Por outra banda, reciben subvención o Club Patinaxe Artística Omega con 5.825,15 euros; Club TK Denodo con 6.911,93 euros; CV Bruxas con 3.216,87 euros; Club Ximnasia Ames con 751,89 euros; Escola de Fútbol Sala Trasgos con 3.216,87 euros; Escola de Karate Dokkodo con 3.434,23 euros; Fútbol Club Meigas con 4.912,25 euros; Motoclub Ameixenda con 2.303,98 euros; O4S Rutas-Bike con 912,90 euros; Sociedade de Caza e Pesca Azor con 1.564,97; e Veteranos Bertamiráns con 869,43 euros.

As entidades beneficiarias destas axudas recibirán o 50% da axuda concedida de xeito anticipado. Deste xeito, o Concello vai a aboar de xeito anticipado axudas por valor de 40.000 euros. Os clubs e entidades deportivas beneficiarias teñen como prazo de xustificación de ditas axudas ata o vindeiro 31 de agosto de 2026.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *