Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today28 mayo, 2026
A Asociación Maceira e Sidra e o Concello da Estrada puxo en marcha este mércores a venda anticipada de vasos para gozar da XIII Feira da Sidra, que se celebrará na Praza da Constitución o vindeiro 6 de xuño. Os organizadores pretenden despachar máis do 50% dos vasos por adiantado para evitar colas durante a degustación das sidras presentes no certame.
A venda anticipada pode realizarse nun local do Novo Mercado os mércores e sábados, coincidindo co horario habitual da praza. Esta fórmula vén funcionando con éxito nas últimas edicións da feira. En 2024 vendeuse por esta vía o 30% dos vasos e en 2025 acadouse xa o 50% do total dispoñible, polo que este ano se agarda superar esa porcentaxe.
Con esta medida búscase axilizar o desenvolvemento da degustación e facilitar que os asistentes poidan acceder directamente ás distintas sidras unha vez cheguen ao recinto.
Nesta edición poñeranse á venda 4.000 vasos, cun prezo de 9 euros cada un. O ticket permitirá catar tantas veces como se desexe as sidras participantes. En total, o certame escanciará 5.000 litros de sidra, 1.000 máis que na edición anterior.
A XIII Feira da Sidra contará ademais coa maior representación de lagares das súas últimas edicións, cun total de 24 participantes procedentes de cinco países. Ademais das sidrerías chegadas de distintos puntos do Estado, haberá presenza de lagares de Portugal, Francia, Chequia e Letonia. A representación estradense correrá por conta de Peroja, Camino, López Pampín, A Casa da Sidra e Rabiosa.
A sesión matinal de degustación arrancará ás 12.00 horas e prolongarase ata as 15.00, amenizada polas actuacións de Galifunk e Señora DJ. Como xa é habitual, unha decena de establecementos hostaleiros ofrecerán tapas e racións para acompañar a sidra.
Pola tarde, ás 19.00 horas, celebrarase a entrega do Grolo de Ouro a unha persoa ou entidade destacada dentro do sector sidreiro, coincidindo coa reapertura da degustación na gran carpa situada aos pés do Concello. A partir das 19.30 horas actuarán Son das Tabernas. A feira rematará ás 21.00 horas.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)