Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Actuará no Teatro Principal o 10 de decembro co seu monólogo American forever.
O Departamento de Cultura da Estrada anunciou o inicio da venda de entradas para un dos espectáculos máis especiais da programación cultural deste 2026. Trátase da actuación, o vindeiro 10 de decembro, de Goyo Jiménez, considerando un dos cómicos máis importantes do panorama da stand up comedy nacional. Chegará ao Teatro Principal co seu monólogo American forever.
Despois dunha primeira e fructífera etapa no teatro profesional, Goyo Jiménez deu o salto á grella televisiva da man de El club de la comedia e de programas como La hora de José Mota, onde exerce de guionista, xunto con outros espazos como Zapeando, Órbita Laika ou Un país para reírlo.
Algún dos seus monólogos máis destacados como cómico son: Canis Los americanos ou Ligar en EE.UU. De feito, el mesmo se define como un “especialista en asuntos americanos”. Goyo regresa aos escenarios co monólogo American Forever, un traballo que o converte nun ‘embaixador’ non oficial dos Estados Unidos
As entradas poderán mercarse presencialmente no Departamento de Cultura do Concello da Estrada a partir de hoxe luns, 1 de xuño, ou na web Ataquilla.com. O seu prezo, a partires de 22 euros. O pase será o xoves 10 de decembro ás 20.30 horas.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)