Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today28 mayo, 2026
O Pavillón de Barraña acolle os días 30 e 31 de maio o Campionato Galego Escolar de Combate e o Campionato Galego Exhibición de Hapkido que organiza o club de taekwondo Malamía. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Daniel Torrado, presidente do club Malamia; Renso Renso Rodríguez, director de arbitraxe da FGT; e Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de Jealsa.
O sábado desenvolverase, a partir das 9.30 horas, o Campionato Galego Exhibición de Hapkido que se realiza por primeira vez no noso concello. “O ano pasado celebramos o escolar con moi bos resultados e este ano agardase a participación durante toda a fin de semana de 500 deportistas”, afirmou Daniel Torrado.
E o domingo terá lugar o Campionato Galego Escolar de Combate que se celebrará en horario de mañá e tarde. “Dende a Federación estamos moi contentos de poder organizar aquí este evento por terceiro ano consecutivo e que aumente a participación”, recoñeceu Renso Rodríguez.
“O deporte de contacto axuda aos rapaces e rapazas a mellorar como persoas polos valores de discipina e respecto” afirmou a directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Margarita Hermo, que lle desexou sorte a todos os deportistas que van participar nesta proba.
Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, convidou á veciñanza a presenciar “outro gran evento deportivo que se desenvolve no noso municipio” e agradeceu a implicación do club por traelo a Boiro, “porque o deporte, ademais dos beneficios xa coñecidos para a saúde, tamén redunda na economía do noso pobo”.

Escrito por Líder Redacción

2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)