AD

Comarca

O Pazo de Goiáns acolle unha exposición do deseñador boirense Juan Ares

today4 junio, 2026

Fondo
share close
AD

O Pazo de Goiáns acollerá o vindeiro 8 de xuño a xornada “Deseño, mar e cultura” cunha exposición do deseñador boirense Juan Ares. A concelleira de Cultura, María Outeiral, presentou a actividade xunto co deseñador.

Trátase dunha colección de mobles feitos con rede de pesca mariñeira que se poderá visitar no Pazo de Goiáns durante o mes de xuño.

A inauguración da mostra terá lugar o vindeiro luns día 8 ás 19.00 horas e contará cunha charla coloquio coincidindo co Dia Mundial dos Océanos. “O que se busca con esta mostra é compartir cos veciños unha experiencia de 10 anos no deseño con pezas feitas de reutilizar rede de pesca”, afirmou o deseñador.

Xunto coa inauguración da mostra, e para conmemorar o Día Mundial dos Océanos, realizarase un coloquio realizado polo deseñador sobre o respecto ao medio mariño e as oportunidades que xorden do mesmo. A concelleira de Cultura, María Outeiral, animou á veciñanza a visitar “esta mostra tan especial que mestura deseño, mar e cultura e que se vai levar a cabo nun lugar tan especial como é o Pazo de Goiáns”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *