Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Rapazada e maiores, dende uns meses ata oitenta anos. Máis de 130 persoas participaron este 6 de xuño no Día da Bicicleta que organizou o Concello de Padrón para fomentar hábitos saudables e o uso da bici como alternativa sostible.
A xornada comezou ás 10.30 horas cunha visita guiada ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo. Despois, no paseo do Espolón, nenos e nenas puideron participar nunha xincana e demostrar o seu dominio sobre a bicicleta.
Pouco antes do mediodía, o alcalde, Anxo Arca, daba a saída a un pelotón multicolor. Comezaba un percorrido de 15 quilómetros por diferentes puntos do municipio para gozar do deporte en familia e coa veciñanza. No paseo da Constitución, na zona recreativa da desembocadura do río Sar no Ulla, todas as persoas participantes puideron repoñer forzas antes de continuar a marcha.
Xa de volta no paseo do Espolón, unha vez rematada a ruta, a concelleira de Turismo, Chus Campos, baixouse da bicicleta para entregar algúns dos moitos agasallos que a organización sorteou entre todas as persoas participantes. Tamén lle entregou un trofeo a Mario Alfonsín Castro que, con 83 anos, foi o ciclista máis veterano que realizou o percorrido.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)