AD

Comarca

‘Caprichoso’ e ‘Dinamita’ gañan un multitudinario Derbi Asnal nas festas do Santiaguiño en Padrón

today25 julio, 2026

Fondo
share close
AD

• Andrés Pérez, con ‘Caprichoso’, impúxose na modalide a pé, e Sergio Freire, sobre ‘Dinamita’, da modalidade a cabalo

• Cheo no paseo do Espolón para ver unha proba que mantén viva unha tradición moi vinculada ás festas do Santiaguiño e a nosa cultura

• A festa infantil e a actuación da A.C. Rosalía de Castro tamén congregaron numeroso público

• O Festival Ultreia tomou a remuda pola noite coa actuación de Mondra e a sesión ‘Love the 90’s & 2000’s’

Padrón. 24-7-2026.- O Concello de Padrón viviu este venres, 24 de xullo, unha das xornadas máis multitudinarias das festas do Santiaguiño do Monte, cunha programación que combinou actividades para todos os públicos e que tivo no tradicional Gran Derbi Asnal un dos momentos máis agardados do día.

Na carreira de burros, ‘Caprichoso’ e ‘Dinamita’ non deron opción aos seus rivais nun paseo do Espolón cheo de xente para ver a destreza dos xinetes e a velocidades dos animais. Neste ocasión tamén competiron xinetes chegados de Xaén, País Vasco e Asturias

Na modalide de burro a pé, Caprichoso, de Andrés Pérez, foi o máis rápido na proba final. Nesta modalidade participaron 16 animais, cos seu respectivos presentadores, algúns deles de poucos anos de idade. O segundo posto foi para Melendi, de Antonio Aradas, e o terceiro para Rayo MacQueen, de David Fraga.

Na segunda modalidade, na que os xinetes montaban os burros, Dinamita, de Sergio Freire, foi o máis rápido dos quince competidores. O segundo posto foi para Melendi e a terceira posición para Caprichoso, que viña de gañar na modalidade a pé.

O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo, Chus Campos, entregáronlle os premios e as medallas aos vencedores nas diferentes categorías.

A carreira desenvolveuse nun ambiente festivo e familiar, baixo un estrito cumprimento das normas de participación e das medidas de control e benestar animal previstas pola organización. A proba, que xuntou a centos de persoas no Espolón mantén viva unha tradición moi vinculada ás festas do Santiaguiño do Monte e a nosa cultura, como explicou Jacobo Pérez Paz, presidente da Asociación Burro Fariñeiro e coordinador desta proba.

Festa infantil e A.C. Rosalía de Castro

O ambiente comezou xa pola tarde en Padrón. Centos de personas participaron na festa infantil celebrada no Campo do Souto, onde a cativada puido gozar nos inchables e coas numerosas atraccións.

Mentres, o adro Convento do Carme acolleu unha nova edición do festival do grupo folclórico Rosalía de Castro con música e baile tradicional galego. As actuacións, sobre todo as da cativada, sorprenderon a padroneses e visitantes, xa que moitos peregrinos e peregrinos estiveron vendo as actuacións.

Festival Ultreia

Despois do Derbi Asnal a charanta Los Támega estivo animando as rúas de Padrón, antes do comezo do festival Ultreia, que esta sábado contou coa presenza de Mondra, un dos nomes máis destacados da música galega actual, que comezou ás 23.00 horas no Campo do Souto.

A xornada pechouse coa sesión Love the 90’s & 2000’s, que levou ao Paseo do Espolón unha selección dos grandes éxitos do pop, dance, rock e reggaetón das décadas dos noventa e dous mil.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *