AD

Comarca

Charla sobre o eclipse solar total este venres en Vila de Cruces

today8 junio, 2026

Fondo
share close
AD
  • Explicará de forma sinxela que é un eclipse total de sol e os principais sistemas de protección para a súa observación segura
  • O experto fará a observación guiada desde O Alto da Madanela e outra observación das Perseidas no antigo campo de fútbol de Piloño o vindeiro 12 de agosto

Vila de Cruces, 8 de xuño de 2026 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces organizará o venres, 12 de xuño, unha charla informativa sobre o eclipse total de sol do vindeiro 12 de agosto. Baixo o título “Coñece todo sobre o eclipse solar e prepárate para vivilo”, o astrónomo Eduardo Ojero ofrecerá este relatorio ás 20:00 horas no Auditorio Xosé Casal.

Eduardo Ojero Pascual (Valladolid, 1954) ten unha extensa carreira como astrónomo, traballou no Observatorio de Calar Alto, en Serra Nevada, e no Centro de Astronomía Espacial da Agencia Espacial Europea, en Villanueva de la Cañada en Madrid, e actualmente é membro da Sociedade Galega de Astrónomos. Actualmente, xa xubilado, reside na parroquia cruceña de Piloño. Con esta dilatada traxectoria explicará de forma sinxela aos participantes da charla que é un eclipse solar total. “Hay una banda de la totalidad del eclipse donde la sombra de la luna ocultará por completo el sol, sumergiendo esa zona en oscuridad”, explica. O experto sinala que en Cruces poderanse ver 20 segundos de ocultación total de sol a partir das 20:30 horas. En concreto, o día do eclipse está prevista unha observación guiada por Eduardo Ojero no Alto da Madanela.

O astrónomo tamén destacará na charla cales son as principais medidas de protección para visionar sen riscos o eclipse. En primeiro lugar, ve indispensable o uso de gafas de eclipse, sobre todo para que os máis pequenos poidan gozar deste fenómeno sen perigo. Outros sistemas que apunta Ojero para observar o eclipse, aínda que máis destinados a profesionais, son o uso da caixa estenopeica, tamén chamada cámara escura, un dispositivo sinxelo que permite observar un eclipse solar sen arriscarse a sufrir danos nos ollos; ou o uso dun telescopio para proxectar a imaxe nunha pantalla no chan, duns prismáticos ou dun telescopio solar para ver o eclipse de forma máis precisa, sempre utilizando un filtro solar homologado na parte frontal do obxectivo.

Finalmente, o 12 de agosto Eduardo Ojero tamén fará unha observación guiada das Perseidas, cunha explicación previa sobre as constelacións, un fantástico espectáculo para ver no antigo campo de fútbol de Piloño a partir da media noite.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *