Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A deportista ordense Lara López Fernández, integrante do Club Noja Playa Dorada NetCan, logrou un destacado terceiro posto no Campionato de España Estival de Praia Open, proclamándose terceira de España absoluta na proba de Bandeiras.
O campionato celebrouse os días 18 e 19 de xullo na praia de Ris, en Noja (Cantabria), reunindo aos mellores especialistas nacionais das disciplinas de salvamento e socorrismo de praia.
Con esta medalla de bronce, Lara López confirma o seu gran nivel competitivo e suma un novo éxito ao seu palmarés, situándose entre as mellores deportistas do panorama estatal nesta modalidade.
Desde o Concello de Ordes quixeron felicitar á deportista polo excelente resultado acadado e desexarlle que continúe colleitando novos éxitos deportivos.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)