Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O accidente produciuse uns dez minutos despois das 18:00 horas, no quilómetro 207 da N-640. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, fora unha colisión frontal entre dous turismos, con varios feridos tralo impacto e posibles atrapados, aínda que non foi preciso excarcerar.
Rapidamente, desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada.
As urxencias sanitarias mobilizaron o helicóptero de Santiago ata o punto, de maneira que trasladaron nel a unha persoa. Houbo outros dous feridos que foron evacuados en ambulancia.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)