AD

Deportes

O parque do Ameneiral acolle este venres a Gladiator Race Kids esgotando todas as prazas

today6 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

Ames, 6 de agosto de 2026 – Unha Gladiator Race é unha carreira diferente, onde os/as participantes teñen que superar diferentes obstáculos, e ao mesmo tempo se divirten e practican deporte. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza para o venres, 7 de agosto, unha nova edición desta divertida proba orientada aos nenos e nenas. A actividade desenvolverase na contorna do parque do Ameneiral e as crianzas participante poderán ir acompañadas dunha persoa adulta. Para esta edición, todas as prazas foron esgotadas.

A Gladiator Kids que organiza o Concello Ames está pensada para que os máis pequenos da casa poidan gozar dun día en familia facendo deporte. É unha carreira para nenos/as sen carácter competitivo organizada pola empresa NOKAO, que se realizará Bertamiráns. O percorrido estará marcado e sinalizado. Dita proba vaise realizar mañá venres, 7 de agosto de 2026, a partir das 18.00 horas na contorna do parque do Ameneiral, en Bertamiráns.

Na proba poderá participar calquera neno/a que o día da celebración da proba teña cumprida a idade comprendida de 3 a 12 anos. Dependendo da idade do/a participante terá que realizar un percorrido diferente:

-Franxa de nenos/as de 3 a 5 anos: percorrido de 500 metros aproximadamente.
-Franxa de rapaces e rapazas 6 a 12 anos: percorrido de 900 metros aproximadamente.

Dado que se esgotaron todas as prazas, agárdase a presenza de arredor duns 250 nenos e nenas en ambas categorías.

Horarios e saídas da carreira

A proba empezará ás 18.00 horas mediante o sistema de quendas. Cada cinco minutos sairá unha quenda composta por un máximo de 15 nenos/as. Ao ser unha proba de carácter lúdico e benéfico e non competitiva, non se realizará ningún tipo de cronometraxe por chip ou similar e entregarase un obsequio a cada participante ao finalizar a proba.

A Gladiator Kids é unha carreira exclusiva para menores, pero estes poderán ir acompañados dun adulto ao longo do percorrido. Os adultos non poderán superar os obstáculos senón só acompañar e axudar ao menor. Deberán situarse detrás ou á beira do mesmo e será imprescindible o respecto e fair play quedando prohibidas accións como gritar, insultar, empuxar ou arrastrar a calquera participante.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *